O CES acaba de adherirse á petición que a Plataforma Anti Encoro do Umia tiña formulado perante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo en xaneiro. En dita petición, solicítase ás autoridades competentes que adopten con carácter urxente as medidas necesarias para a recuperación do río Umia, mediante o desmantelamento da explotación hidroeléctrica do encoro de A Baxe. Denúnciase nela que a construción do encoro supuxo un grave deterioro medioambiental para o cauce do río, con consecuencias perxudiciais para a saúde de personas e animais.
Queremos recordar que o encoro foi construido coa excusa de que era necesario para abastecer de auga ao Salnés, en medio dunha forte oposición veciñal, e cunha tramitación e avaliación de impacto ambiental máis que irregulares, denunciadas no seu día. A día de hoxe, o encoro demostrou ser unha fonte de problemas, non só pola destrución dos ecosistemas acuático e do bosque de ribeira, senon por poñer en risco a saúde de miles de persoas das poboacións ás que abastece, debido á presenza da toxina microcistina, consecuencia directa da eutrofización causada polo estancamento das augas encoradas. A única beneficiada deste encoro segue a ser a empresa eléctrica que goza da concesión. Por este motivo as autoridades deberían priorizar o interese común (a saúde de miles de persoas e a conservación e recuperación do medio natural, patrimonio de todos), frente aos intereses particulares dunha empresa.
Segundo nos comunican dende a Plataforma Antiencoro do Umia, sería de grande axuda para axilizar a súa tramitación contar co maior número de apoios posibles. A petición segue aberta a adhesións, ás que se pode sumar calquera colectivo ou persoa particular de xeito sinxelo no seguinte enlace:
Deixar unha resposta