Publicado por: garza18 | 17/05/2019

O CES chama a colaborar no voluntariado da CEMMA

Dende hai moitos anos que no CES formamos parte da CEMMA no seu estudo e defensa dos mamíferos mariños, axudando nas tarefas de voluntariado. Pero non queremos que dito voluntariado se limite ás tres ou catro persoas de sempre, xa que estamos seguros de que hai moita xente que quere axudar e ás veces non sabe como nin onde facelo. 

Por iso queremos difundir e pedimos que difundades esta información o máximo posible.
Hai varias opcións de voluntariado nas que podedes participar e que, aínda que xa se levan a cabo dende hai varios anos, a CEMMA está intentando afianzar para crear grupos estables en cada zona.

Xornadas de voluntariado no local
Estanse preparando unha serie de traballos para facer co obxectivo de contar con voluntariado un pouco máis estable, por exemplo dous días a semana (martes e xoves pero pode ser a concretar) unhas horas pola tarde. Os labores previstos son:
Lavado esquelete Grampus
Lavado esquelete Steno
Fotografiado e clasificación esqueletes: Grampus, Steno, Tursiops, Delphinus
Desenterrado e limpeza Chelonia
Montaxe/desmontaxe carpa
Pintado, preparación lobeiro
Aceitado caixa focas
Necropsia golfiño conxelado.

A idea sería unhas horas pola tarde de 5 a 8 e convocar a dous/tres voluntarios de cada vez e que foran diferentes, para dar oportunidade de participación ao maximo número de persoas posibles.

Voluntariado periférico de cobertura
Trataría de establecerse unha listaxe de voluntariado de cobertura, por zonas, coa finalidade de avisar a tódolos desa zona simultáneamente cando haxa algún varamento e logo confirmando o que poida ir. Tamén avisariamos cando vaiamos facer as necropsias ou algunha outra actividade pola zona.

Aínda que no Salnés xa está funcionando a través do CES, gustaríanos que máis xente, socia do CES ou non, se apuntase neste listado. 

Campañas de embarques participativos

Estase tratando de reeditar as Campañas de embarques participativos. Se se consegue facelas, desta volta non imos ter posibilidade de ofrecer, ao menos inicialmente, custes máis económicos para os asociados, por falta de financiamento. 

 

Como facer para anotarse nas opcións de voluntariado?

Se ves que podes/queres participar nas dúas primeiras modalidades, podes escribir a cemmasolicitud@gmail.com indicando:

Xornadas de voluntariado no local: e os días/horas dispoñibles
Voluntariado periférico de cobertura: e a zona que che queda máis cerca e dispoñibilidade.
   Sobre os embarques tes máis información en http://www.cemma.org

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: