O próximo domingo, 25 de setembro, convidámoste a participar na limpeza reivindicativa dos nosos ríos e a desfrutar do.Umia.
A cita é ás 11.00h da mañá en Ponte Arnelas, na Ponte dos Padriños.
– Nós levaremos o material preciso.
– Non esquezas traer roupa e calzado axeitado.
O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores. Animámosvos a participar este ano para que vaiades ao voso río e recollades ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza. O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.
Publicado por: garza18 | 22/09/2022
Queremos o Umia limpo; móllate polos ríos
Publicado en actividades abertas, proxecto ríos, Río Umia, ríos, Ribadumia, Voluntariado | Etiquetas: actividades abertas, proxecto ríos, Umia, Voluntariado
Categorías
- actividades abertas
- Alegacións
- anelamento
- asamblea do suído
- Asembleas
- auga
- aves
- bugallo publicacións
- Cambados
- cambio climático
- cemma
- cetaceos cemma observacións
- Charcas con Vida
- concentración do tiro ao pombiño
- consumo
- contaminación lumínica
- denuncias
- dereito
- Dia do Medio Ambiente
- educación
- ENCE
- Enseada Umia-O Grove
- escritos ás administracións
- excursión anual
- FEG
- Golf
- Illa de Arousa
- Informes e propostas
- manifestacións e concentracións
- Meaño
- Meis
- notas de prensa
- O Grove
- pichón
- Plan de Ordenación do Litoral
- proxecto ríos
- raposo
- Río Umia
- ríos
- recollida sinaturas
- rede de observación
- residuos
- Ribadumia
- Salva o Tren
- Sanxenxo
- tiro ao pombiño
- Uncategorized
- urbanismo
- Vilagarcía
- Vilanova
- Voluntariado
- Xestión forestal
- xornadas
Deixar unha resposta