Publicado por: garza18 | 11/09/2022

O CES PRESENTA SUXESTIÓNS AO ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA PRÓRROGA DE CERÁMICAS CAMPO EN VILALONGA

Cerámicas Campo, a empresa que explota as arxelas no lugas das Cachadas e Fianteira en Vilalonga dende fai décadas ven de solicitar ante a Xunta unha prórroga de dereitos de explotación no sector da Fianteira por outros 30 anos. Dentro do trámite a empresa tivo que elaborar un plan de extracción e un Estudo de Impacto Ambiental que debe informar e autorizar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
A explotación das arxilas en Vilalonga ven de moi atrás e fixo que os ocos de escavación xa abandonados se naturalizaran e crearan lagoas de grande interese natural pola súa riqueza faunística e paisaxística. De feito, gran parte desta área está dentro do espazo protexido en Rede Natura 2000 no Zona de especial conservación do Ons- O Grove e a zona de especial protección para aves da ZEPA Umia-O Grove. Unha parte da zona de Fianteira na que solicitan a prórroga de explotacióon está dentro dos limites da Rede Natura e o resto está lindante a esta zona.


Ante a fraxilidade e alto valor de conservación que ten o contorno da zona de explotación, o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) presentou 10 páxinas de suxestións de mellora a ese estudio baseadas en 3 puntos principais:
• – Solicitar as medidas de máximo cautela nas actuacións que se fagan lindantes a aquelas lagoas antigas xa naturalizadas e que teñen valor ambiental, estean en Rede Natura ou próxima a ela como alonxar as novas escavacións das súas proximidades, non empregalas como zona de verteduras de augas ou terras e aumentar o control de ruídos no entorno e da turbidez nas súas augas.
• – Solicitar un Plan de Vixilancia Ambiental máis detallado e cun cronograma asociado. Este Plan tería como obxectivo para a empresa ter un procedemento de control das posibles afectacións ambientais dos seus traballos, controlando certos aspectos como o nivel de ruídos, afección á flora ou á fauna, a calidade das augas das lagoas…. Se este Plan non está ben definido dende un principio, converterase nun papel mollado xa que non vai ser posible a seu seguimento polas autoridades competentes.
• – Solicitar que os traballos de control de especies invasoras así como a revexetación da zona explotada, (que a empresa se compromete a facer no seu Plan de rexeneración para compensación dos danos ambientais ocasionados na zona), debe estar máis detallado e debe ampliarse no tempo, pois a xuízo do CES os traballos de erradicación de especies invasoras como a Herba da Pampa non se fai en 2-3 anos como se propón no documento senón a máis longo prazo. Ademais propoñemos que ditos traballos non se agarde a facer ao remate dos 30 anos, senon que se fagan simultáneamente ao período de obra. Así, unha vez vaian avanzando na zona de escavación poderían ir actuando na rexeneración da zona abandonada. Deste xeito a Consellería de Medio Ambiente podería ir levando un control dos compromisos ambientais que a empresa plasmou na documento do estudo de Impactos e conseguir certa garantía de cumprimento.
Agardamos que as nosas achegas lles sexan de utilidade á Consellería de Medio Ambiente á hora de tramitar dita prórroga, co afán de que logre as máximas garantías ambientais por parte da empresa, para facer así compatible a súa actividade coa conservación do entorno.

A nova na Voz de Galicia:

Os ecoloxistas piden maior protección para as lagoas de Vilalonga (lavozdegalicia.es)

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: