¿Somos tamén unha editorial?
Elaboramos e editamos:
O BUGALLO
Revista trimestral con artigos de opinión e información sobre a nosa actividade. Repártese gratuitamente aos socios /as, mais tamén se pode mercar en quioscos e librerías.
Descarga os últimos números en pdf:
DON GOLFIÑO
Cadernos didácticos monográficos, para todo tipo de público. Don Golfiño fálanos da vida dos distintos seres e da natureza de Galicia e do Salnés.
FOLLAS VERDES
Cadernos dirixidos aos nenos/as. Tratan distintos temas, dende os puramente naturalistas ata consellos para ser máis ecolóxicos.