Publicado por: garza18 | 27/09/2020

ECOLOXISTAS DO SALNÉS REINVIDICAN UN RÍO UMIA MÁIS LIMPO

PROXECTO RÍOS-XIII Limpeza Simultánea: RESULTADOS DA LIMPEZA DO RÍO UMIA



Hoxe domingo 27 de setembro, o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) convidou aos veciños a reivindicar a limpeza dos nosos ríos e a desfrutar do Umia. A cita foi ás 10.30h da mañá en Ponte Arnelas, na Ponte dos Padriños. A actividade tivo un aforo de participantes limitado pola situación creada polo COVID. Participaron 6 veciñas e veciñas, dos cales 1 era menor, sendo socios do CES na súa maioría. Rematouse ás 12:30 horas.

Esta actividade encádrase dentro do Proxecto Ríos, coordinado pola asociación ADEGA, que xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galicia. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos, baixo o lema “Móllate polos ríos”, para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores. Animámosvos a participar este ano para que vaiades ao voso río e recollades ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza. O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.

Percorreuse as dúas beiras do Umia ata as inmediacións da Ponte nova de Santa Marta, divididos en pequenos grupos de convivencia. Rematamos ás 13h, tras ter recollido os seguintes refugallos:
-100 l de envases (plásticos e latas de refrescos).
-5 l de papel e carton.
-10 l de vidro
– restos non reciclables: 50l
– Voluminosos ou tóxicos: varios trozos de entullos (ladrillos, formigón lousas..) e unha cuberta de fibra de vidro dun metro e medio cadrado.

Na edición de 2019, nesta mesma actividade, recollimos os seguintes refugallos
-250 l de envases (plásticos e latas de refrescos).
-100 l de papel e carton.
-10 l de vidro
– restos non reciclables: 100 l
– Voluminosos ou tóxicos: un neumático, unha valla de obra, louza, filtro de aceite dun coche.

Todo isto foi depositado nos correspondentes contentores de recollida selectiva da zona. Dos voluminos e tóxicos fixéronse cargo o Concelleiro de Medio ambiente do Concello de Ribadumia que colaborarou co proxecto e na recollida de lixo, coa esperanza de que sexan levados ao punto limpo e alí ser tratados do xeito convinte.

No 2019 localizouse un punto de vertido de escombros con restos de ladrillos e uralitas, do que tamén foi informado o Concellal de Medio Ambiente de Ribadumia. Este punto segue a estar sen recoller.

Máis info da Limpeza Simultánea en : http://proxectorios.org/limpeza/


Deixar un comentario

Categorías