Publicado por: garza18 | 20/09/2020

QUEREMOS OS NOSOS RÍOS LIMPOS

O próximo domingo, 27 de setembro, convidámoste a reivindicar a limpeza dos nosos ríos e a desfrutar do Umia.
A cita é ás 10.30h da mañá en Ponte Arnelas, na Ponte dos Padriños.


O número de participantes será limitado polo que É PRECISO ANOTARSE. Podes facelo por whatsapp ao número do CES (680 580 086), chamando por teléfono a este mesmo número ou enviando una mensaxe ao correo cesalnes@yahoo.es.

Levaremos o material preciso. Non esquezas traer roupa e calzado axeitado.

O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores. Animámosvos a participar este ano para que vaiades ao voso río e recollades ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza. O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.

http://proxectorios.org/limpeza/

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: