Publicado por: garza18 | 14/12/2015

O CES DESMINTE O APOIO ECOLOXISTA PARA A INSTALACIÓN DE FAROLAS NA LANZADA

A instalación destas farolas afectaría negativamente tanto ás aves das marismas próximas da enseada do Bao (catalogada como Zona de Especial Conservación para as Aves), como tamén á paisaxe, tanto diúrna como nocturna.

O Colectivo Ecoloxista do Salnés, ante as intencións do Concello de O Grove, posicionase en contra da instalación de iluminación pública ao longo da estrada PO-550 no tramo que discorre polo istmo da Lanzada, entre os concellos de Sanxenxo e O Grove.

Este alumeado público en altura en pleno corazón do espazo protexido Umia- o Grove, que o Concello de O Grove promove, debilitaría o equilibro natural deste entorno natural.

Non cabe dúbida que a luz nocturna afecta ao ciclo de descanso e aos biorritmos de todo ser vivo. Ademais, a luz artificial nocturna facilitaría unha maior posibilidade de éxito dos depredadores que poidan actuar sobre aves ou outros animais que viven tanto nas marisma do Bao como nas dunas.

O istmo da Lanzada constitúe un dos mellores sitios que nos quedan na comarca do Salnés para disfrutar da observación de estrelas. O exceso e as malas praxes no tocante á iluminación pública fan aumentar a contaminación lumínica ao noso redor ( e da nosa costa especialmente), roubando cada vez máis estrelas do firmamento. Manter espazos naturais sen luz é importante para todos aqueles que gusten dun ceo estrelado.

Ademais das afeccións á fauna, flora e firmamento, nesta semana do Cumio polo Clima en París, compre reflexionar tamén sobre a afección das nosas actuacións ante o cambio climático. Calquera medida (local ou global) que faga aumentar a demanda enerxética non poderá seguir a senda da sostibilidade, debido ás implicacións derivadas da queima de petróleo e carbón para xerar enerxía.

O CES quere deixar claro que non deu o seu apoio ao Concello do Grove para a instalación de iluminación na Lanzada, e non ten constancia de que ningunha outra asociación ecoloxista nin naturalista dera o seu visto bo, tal como saíu publicado nos medios de comunicación días atrás, nas que o Concello afirmaba que contaba con apoio ecoloxista.

O CES tamén quere deixar claro que non se opón a ningunha medida que aumente a seguridade viaria nese tramo, pero non comparte que o problema se solucione coa instalación de farois ao longo de toda a estrada. O Concello debe instar ás autoridades competentes a que implanten as medidas necesarias para diminuír os accidentes neste tramo, nos que por comparativa con outros tramos perigosos, sempre pasa pola redución da velocidade, medidas estas con peor prensa que a instalacións de farois. Nin un espazo natural nin a seguridade viaria se deben xestionar pensando no rédito electoral.

Advertisement

Respostas

  1. Sobre o das farolas, no esta reñido que pregunten a holanda, hay tipo de luz que non molesta nin perjudica, podese levar unha cousa coa outra, en cambio con respecto os pasales de madeira, son o primeiro paso a destrución do habitat de moitos animais e a molestia destrutiva da sua tranquilidad de vida, donde vai o ser human jode todo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: