O CES elaborou nos anos 1999 e 2005 sendos informes sobre o estado da costa do noso espazo protexido, o Humidal Protexido Umia- O Grove, avaliando os impactos que se produciron ao longo do tempo.
Este ano volveremos a ollar os distintos tramos para actualizar dito informe, e para iso precisamos da túa axuda.
O procedemento consiste en dividir a costa en pequenos tramos, cada un dos cales será percorrido por un ou varios voluntarios que avaliarán os impactos dacordo cunha ficha modelo. Esta tarea leva 2-3 horas e debe facerse calquer día durante o verán.
O sábado 7 de xullo quedaremos na Ponte dos Pasales (Dena) ás 10.30 h, para repartir os tramos entre os voluntarios e realizar un “tramo piloto” co motivo de explicar o procedemento e resolver dúbidas.
Recorda que as actividades do CES son abertas a todos (socios e non socios).
Deixar unha resposta