A iniciativa do concello de Sanxenxo de ubicar un edificio de 300 m2 sobre as dunas da praia de Baltar, supón unha nova agresión cara o sistema dunar que din querer conservar e rexenerar.

Ubicación escollida polo concello e, con frechas, ubicacións posibles a escasos metros sen destrucción dunar.
As dunas grises son un hábitat prioritario de conservación para a UE, xa que nel hai especies que só sobreviven aquí, grazas a un proceso de miles de anos de evolución. Estes hábitats son cada vez máis escasos en Galicia, e en Baltar existen máis de 30 especies exclusivas das dunas, entre elas dúas especies endémicas de Galicia (en todo o mundo só existen nas dunas de Galicia, hábitats moi escasos actualmente). A ubicación deste edificio semella unha excusa para consolidar a caseta actual sobre as dunas, cuatriplicando a superficie ocupada actualmente, e aínda que realmente fose temporal, suporá a destrución dun fragmento considerable deste hábitat. Esto suporá unha perda de biodiversidade totalmente inxustificada, xa que este edificio pode ubicarse perfectamente a 30 m do lugar proposto polo concello, no tramo de praia artificial gañado ao río trala súa canalización, contiguo ao paseo e ao porto, onde non existen dunas.
Dende a chegada deste goberno municipal hai un ano, produciuse un retroceso na conservación do sistema dunar de Baltar: duplicado da superficie desbrozada a modo de parque, (eliminando especies dunares, refuxios para a fauna e contribuindo á expansión de especies invasoras), paso de maquinaria pesada polas dunas para reposición de luminarias, cross de 1000 escolares, entrenamento de bicicletas, destrozo de duna móbil por unha tala sen consecuencias nin restauración, e agora a ocupación polo clube de piragüismo, retomando unha idea que xa impulsaron anos atrás. Todas estas accións nas que o concello está implicado en maior ou menor grado, indican a pouca importancia que teñen as dunas para este goberno municipal. Todo esto a pesar de que en palabras do concelleiro de medio ambiente “non hai nadie máis comprometido coa rexeneración dunar de Baltar que nós”. Sen embargo, con estes actos, semella que o interese destes gobernantes é ir pouco a pouco ocupando e degradando máis este espazo dunar. Dicir unha cousa e facer a contraria é unha actitude moi pouco seria á hora de xestionar un espazo natural e que resta credibilidade a quen presume de defender as dunas para conseguir bandeiras azuis. Empregar cartos públicos en destruir un hábitat que no seu día foi rexenerado tamén con cartos públicos, (e que terán que rexenerar de novo cando desinstalen o edificio supostamente temporal) tampouco parece unha forma moi responsable de xestionalos.
Cabe recordar que a zona en cuestión foi obxecto de restauración dunar no ano 2005, cando se retranqueou o paseo de madeira, puxéronse barandillas e novas pasarelas para non pisar as plantas dunares. Ademáis elimináronse todo tipo de casetas (chringuitos, socorristas…), para permitir a rexeneración e avance das dunas e a súa vexetación. Polo tanto instalar agora un edificio de semellantes dimensións, é un retroceso sen sentido na restauración global do sistema dunar, aínda sen rematar.
O CES solicitou ao Servizo Provincial de Costas unha copia da autorización que segundo o concello xa teñen e que este departamento debe aportar para tal instalación. A Lei de Costas di que unicamente se permitirá a ocupación do DPMT para aquelas instalacións que pola súa natureza non poidan ter outra ubicación. Se ata agora o clube de piragüismo tivo outra ubicación e no futuro vaina ter no recinto portuario, esta autorización estaría inxustificada. Por outra banda, a mesma lei di que “se dotará a los tramos naturales de las playas de un elevado nivel de protección que restrinja las ocupaciones, autorizando unicamente las que sean indispensables o estén previstas en la normativa aplicable”. Dende o CES entendemos que unha duna gris é un tramo moito máis natural que un tramo artificial gañado ao río, e polo tanto debería ter ese alto nivel de protección. Se ben comprendemos que gardar as piraguas na praia ou no porto é máis cómodo e moito menos perigoso para os rapaces, tamén entendemos que vestuarios, ximnasio e duchas si poden ter outra ubicación que non supoña ocupar un tramo de praia natural con dunas. Tamén di a Lei de Costas que este tipo de instalacións deportivas de carácter náutico federado, se situarán preferentemente fóra da praia, e cando non sexa posible, (que sí o é, na zona portuaria contigua) nos seus extremos, adosados ao límite da mesma. Polo tanto o lugar máis adecuado sería fóra das dunas e no extremo suroeste da praia.
Por iso propoñemos o cambio de ubicación ao tramo de praia artificial mencionado, e pedimos copia da suposta autorización para estudala detalladamente.
O cambio de ubicación que propoñemos non suporía ningún perxuicio para os piragüistas e si un beneficio para todos, pois evitaría a destrucción da duna gris e a perda de biodiversidade, así como unha mellor xestión do diñeiro público.
Deixar unha resposta