Publicado por: garza18 | 07/12/2019

QUERES PASAR UNHA MAÑÁ ENTRE PLUMAS?

Invitámosvos a despedir o 2019 achegándonos á natureza a través das aves migratorias, esas que agora están a escapar dos fríos da Europa Norte e paran nos nosos humedais para alimentarse e descansar.

A cita é o sábado 14 de decembro ás 10h na zona de aparcamento en Vilanova preto da ponte da Illa de Arousa e da praia do Terrón (moi cerca do Eroski). As coordenadas de localización son: 42.5502416, -8.8300248

Xurxo Piñeiro acompañaranos e axudarache a descubrilas. Xa sabes, vente con calzado quente e impermeable, roupa de abrigo, prismáticos-telescopio (se tes) e con todas as ganas de pasar unhas dúas horas entre plumas.

 

Gavita, ostrero ou Haematopus ostralegus, especie fácil de ver na zona. Aínda que a maioría veñen pasar o inverno, tamén hai algúns individuos que pasan aquí todo o ano. Imaxe: SEO Birdlife.

 

Non é preciso ser soci@ para acudir a esta actividade libre e gratuíta.

Vémonos alí!

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: