
Engadir unha lenda
No Colectivo Ecoloxista do Salnés queremos plantexar a urxencia dun consumo responsable dende o punto de vista ambiental, social i económico. Para que a nova normalidade sexa máis xusta, en lugar de acrecentar as desigualdades sociais, e un medio ambiente máis limpo e saudable, en lugar de avanzar no deterioro ambiental, a cidadanía temos que ser responsables. Esta responsabilidade maniféstase, na nosa faceta como consumidores, nunha compra de proximidade, favorecendo os produtos de cercanía i ecolóxicos así como nos establecementos da contorna.
Preme no seguinte enlace para acceder ao vídeo que estamos a difundir nas redes sociais expoñendo este tema.
https://www.facebook.com/100010808734058/videos/1079081232462158/?id=100010808734058
Deixar unha resposta