Hai uns días informábamos:
” O CES remitiu un informe completo á Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar do Ministerio de Medio Ambiente con argumentación, cartografía, fotografía histórica e inventario florístico parasolicitar un novo deslinde na zona no que se inclúa esta parcela dentro do Dominio Público Marítimo Terrestre. Esta é a única solución ao problema, pois evitaría a construcción na parcela, gañando así para os veciños e visitantes unha xestión mais sostible da nosa costa.
Tamén, complementando á mencionada petición de modificación do deslinde, solicitamos a esta Dirección Xeral que efectuara unharexeneración completa do sistema dunar, continuando así coa intervención comezada en 2007. O CES completou esta solicitude cun informe onde se xustificaba a intervención e se aportaban ideas ambiental e socioeconomicamente sostibles para o futuro de Baltar.”
A petición de varios lectores do blog presentamos o informe e a solicitude presentada a Costas (en pdf):
- A solicitude de corrección do deslinde enviada a Costas.
- Nova proposta para Baltar no ano 2010 (xa houbo outras anteriores) enviadas a Costas.
Deixar unha resposta