Publicado por: cesalnes | 28/01/2011

O C.E.S. rexeita os campionatos de caza de raposo

Ante o campionato nacional de caza do raposo que se celebra o próximo sábado ( 29 de xaneiro) en Pontecaldelas, o Colectivo Ecoloxista do Salnés manifesta o seu rexeitamento a esta práctica por considerala incívica, anacrónica e perigosa.

Ademais denuncia a falta de información por parte da Consellería de Medio Rural e da Federación Galega de Caza.

Este campionato leva varias tempadas celebrándose en Galicia debido á imposibilidade e aos custes que suporía realizalos en calquera outro lugar de España, onde non se permiten, ou os cazadores terían que aboar  taxas moi elevadas.

Os campionatos de caza do raposo (provinciais, galego e estatal) estanse a facer baixo a escusa de que hai unha superpoboación sen apoiarse en estudos científicos serios. Na nosa opinión, disfrutar matando calquera ser vivo xa é incívico e anacrónico, pero máis irresponsable é facelo sen informes ambientais que garantan minimamente  o equilibro na poboación de raposo nos montes de Pontecaldelas tras o paso de ducias de cazadores e sen un cupo de mortes. A complicidade das administracións, é unha irresponsabilidade grave.

Estes campionatos, que nos últimos anos tiveron grande oposición por parte da cidadanía e dos grupos ecoloxistas, e se anunciaban como importantes acontecementos, agora lévanse no máis absoluto secretismo por parte da Federación galega de caza e da propia Consellería de medio rural, que non ofrecen ningún tipo de información aos cidadáns. Esta actitude parécenos irresponsable e irrespectuosa, pois non anunciar este tipo de eventos pode pór en perigo a integridade física da xente que está a gozar do monte alleo ao que pasa ao seu redor, mermando o seu dereito a disfrutar del de forma respectuosa co medio.

O CES apoia as demandas da “Plataforma Matar por Matar Non” a este respecto e estará presente na concentración convocada para o sábado 29 ás 13 h diante do Concello de Pontecaldelas.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: