Publicado por: cesalnes | 02/02/2011

No día dos humidais, o C.E.S. solicita protección para a lagoa Fianteira e o complexo Umia – O Grove.

Lagoa de Fianteira

Lagoa de Fianteira

Neste día internacional dos Humidais, o C.E.S. lembra que O Complexo Intermareal Umia- O Grove, a pesares de contar con múltiples figuras de protección (Humidal Protexido, ZEPVN da Rede Natura 2000, ZEPA, Humidal de Importancia Internacional Ramsar), está, na realidade, desprotexido. Dita desprotección é promovida polas administracións cando antepoñen, mesmo incumprindo a lexislación ambiental, intereses particulares fronte ao interese xeral da conservación do patrimonio natural.

Un bo exemplo desta desprotección é o da lagoa Fianteira, en Vilalonga. Esta antiga explotación de arxila abandonada hai máis de 20 anos, e dende entón recolonizada por gran biodiversidade de flora e fauna protexidas a nivel internacional, pretende ser destruída por Nueva Cerámica Campo, coa autorización das consellerías de Medio Rural e Industria.

A pesares de atoparse dentro do Complexo Intermareal, baixo as figuras de protección mencionadas, a empresa foi autorizada pola Xunta nos anos 2008, 2009 e 2010, a baleirar dita lagoa para extraer arxila. Non se fixo pública as razóns polo que non se levou a cabo, pero a lagoa segue en perigo se este ano se volve autorizar. Con isto estase vulnerando a lexislación que obriga a protexer as especies e hábitats singulares que hai nela. Ademais da  lexislación de impacto ambiental, pois o estudo fíxose hai 18 anos, (cando a lagoa non tiña nin a biodiversidade nin a protección actuais), refírese a toda a concesión (26 cuadrículas mineiras), e non á cuadrícula concreta onde está a lagoa, e a lexislación mudou moito dende entón, polo que dito estudo carece de validez.

Por todo isto, o CES e outras 6 asociacións (F.E.G., S.G.H.N., S.E.O., S.G.O., Saramaganta e Anduriña), presentaron no 2010 unha denuncia penal contra a Xunta. O fiscal, aínda que non atopou probas de delito, (entre outros motivos porque non se chegou a materializar a destrución da lagoa), recoñece que as autorizacións de Industria e Medio Rural son de dubidosa legalidade, e insta ás citadas consellerías a que rectifiquen. No CES interpretamos que se ben un dos motivos de non atopar delito é que supostamente as consellerías non actuaron a sabendas de que estaban incumprindo as leis, senón por deixadez ou falta de interese, agora sí están enteradas. Polo tanto, se outra vez este ano autorizan ditas actividades, vemos claro un motivo de delito, polo que de novo emprenderemos accións legais.

Outro exemplo da desprotección do Complexo Intermareal Umia O Grove é que aínda non conta cun Plan de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN) aprobado, cuxa redacción comezou hai 20 anos, pero nunca pasou de ser un borrador. O documento, obrigatorio e vinculante por lei, resulta imprescindible para a súa conservación e xestión. O PORN zonificaría o humidal segundo os usos, e crearía áreas de transición ao seu arredor, prevalecendo sobre os PXOM´s. Con el, nunca se terían permitido aberracións como as permitidas polo PXOM de Sanxenxo na Revolta (Noalla), con edificacións demasiado altas e densas, de grande impacto visual, ata o mesmo límite do espazo protexido. Un consumo de solo innecesario e unha perda de calidade paisaxística irreversible. A perda de todos para a ganancia duns poucos.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: