Publicado por: garza18 | 27/05/2016

Asemblea do CES o sábado 11 de xuño

Asemblea Xeral Ordinaria

Convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria do Colectivo Ecoloxista do Salnés para o próximo sábado 11 de xuño en Ribadumia. Nos próximos días comunicaremos a través do e-mail, blog, facebook e whatsapp o lugar concreto. Tamén nos podes chamar ao tlf do CES (680 580 086) si non recibes a comunicación por estos medios.
Terá lugar ás 17:00h en 1ª convocatoria e 17:30h en 2ª convocatoria.

Cea-25_06
Estos serán os PUNTOS DA ORDE DO DÍA:
DE QUE FALABAMOS TAL DÍA COMO HOXE O ANO PASADO?
Lectura da acta da asemblea ordinaria de 2015.
QUE FIXEMOS AO LONGO DO 2015?
Memoria anual de actividades 2015.
CANTOS SOMOS?
Balance de socios 2015.
COMO ESTAMOS DE CARTOS?
Memoria anual económica 2015.
DAREMOS O RELEVO?
Anímate a formar parte da directiva do CES e presentar a túa “candidatura”; comunícanolo por teléfono (680 580 086) ou por correo electrónico (cesalnes@yahoo.es). A túa colaboración dentro ou fora da directiva é fundamental para o mantemento da actividade do CES e a consecución dos seus obxectivos de conservación e mellora do patrimonio natural do Salnés.
QUE CAMIÑOS SEGUIREMOS?
Qué queremos que faga o CES? Cómo queres coidar o noso entorno dende o CES?
ROGOS E PREGUNTAS

Lembrámoste que podes asistir sen previo aviso e que este tipo de actividades son abertas e de balde.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: