Publicado por: garza18 | 19/02/2015

ACTIVIDADE ABERTA DE ABRIL: AS ESTRELAS VISTAS CUN TELESCOPIO ASTRONÓMICO

Agardando que esta vez as condicións climáticas nos acompañen, retomamos a actividade de “observación de estrelas” no observatorio astronómico de Cotobade, xestionado pola asociación Sirio. Alí explicarannos algunhas claves esenciais para entender o noso ceo e poderemos ver as estrelas e planetas a través das lentes dun telescopio astronómico do observatorio.

A cita é o sábado 21 de febreiro.ás 20:00 h. Para aforrar CO2 e cartos de transporte, quedamos ás 19:00h na porta do recinto feiral de Pontevedra (está fronte ao Instituto da Xunqueira, preto da ponte dos tirantes) e alí agruparémonos en menos coches para ir ata Cotobade.

Por motivos de organización da visita, precisamos saber canta xente acudirá, polo que é necesario apuntarse (hai prazas limitadas) enviando un correo electrónico ao correo CES (cesalnes@yahoo.es) ou unha mensaxe sms ao teléfono 680580086 ata o xoves 19 de febreiro. Debedes comunicar si algún dos asistentes é menor de 12 anos.

No caso de que as condicións climáticas impidan a realización da actividade, avisarémosvos por tlf, cun día de antelación ao menos.

Haberá que aportar 3€ por persoa para o mantemento do observatorio e das actividades que alí realiza a asociación Sirio.

No observatorio estaremos unhas 2 horas.

É unha actividade aberta a todos os públicos. Ata pronto!.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: