Publicado por: cesalnes | 06/06/2010

Esiximos medidas de control no campionato de tiro ao pombiño de A Toxa

ACTUALIZACIÓN: Fotografía recente dos perdigóns de chumbo.

Ante o anuncio de celebración do Campionato Internacional de Tiro ao Pombiño entre o 9 e o 18 de xullo, o Colectivo Ecoloxista do Salnés esixe un maior control ambiental do campionato.

Esta campionato, que nós consideramos unha barbarie que nin tan sequera se pode englobar dentro dunha actividade cinexética minimamente ética, pois é unha matanza de crías de pomba, mareadas pola viaxe, mutiladas para que voen baixo e mal, está envolta todos os anos en polémica polo emprego de perdigóns de chumbo que caen no humidal protexido Umia-O Grove, aspecto este que infrinxe a lei.

Esto derivou a unha situación, tras varios anos de  facer  a vista gorda na administración, a unha sanción posta pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza (DXCN)  no 2006 a Hostelera del Noroeste SL  como organizadores do evento. Dita sanción consistía ademais de pagar unha multa, deberían ademais  restaurar o medio (limpando  de perdigóns a zona costeira lindante ao campo de tiro). Esta restauración non se levou a cabo. No 2008 o campionato non se celebrou debido á non autorización por parte da Subdelegación de Goberno e da DXCN. No 2009 os organizadores voltaron conseguir a autorización tras comprometerse a empregar perdigóns sen chumbo.

O Colectivo Ecoloxista do Salnés visitou a zona despois de  celebrarse o derradeiro campionato do 2009. Estas inspeccións permitiron observar coma o litoral rochoso inmediato ao campo de tiro, segue a estar cuberto de perdigóns de chumbo sen que haxa rastro de outro tipo de perdigóns.

O CES enviou esta semana á Consellería de Medio Rural un escrito, onde se lle solicita un control real i efectivo do tipo de munición empregada durante o campionato do tiro ao pombiño deste ano e que no caso de que os perdigóns de chumbo segan a caer nas augas da Enseada do Bao, se  paralice a celebración do campionato. Esto tamén foi solicitado á Subdelegación de Goberno, ao mesmo tempo que pedimos que se nos informe das medidas de seguridade á cidadanía que ten previsto instaurar durante a celebración dese campionato (tanto terrestres coma mariños).

Unha barbarie como o que representa esta actividade, polo de agora legal, pero a todas luces desprezable, non se debería realizar nin ao carón dun Humidal Protexido, nin en ningún outro sitio. Mais o que é unha vergoña para a administración é que non faga cumprir a lei ambiental, tendo en conta ademais os continuos desaires á lexislación que a organización leva facendo ano tras ano, chegando incluso a realizar o campionato sen a autorización de diversos departamentos administrativos. Non todo pode valer.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: