Publicado por: cesalnes | 03/06/2010

O Colectivo Ecoloxista do Salnés apoia a marcha contra Ence Elnosa

O Colectivo Ecoloxista do Salnés, coma ven facendo ano tras ano, apoia a marcha contra celulosas convocada pola Asociación en Defensa da Ría de Pontevedra. A Cita é o vindeiro 5 de xuño,O día de Medio ambiente,  ás 19:30 horas na praza da Ferreiría de Pontevedra. A marcha consistirá en ir a pé ou en bicicleta ata as inmediacións das instalacións de ENCE–Elnosa, onde se lerá un manifesto.

POR UN MODELO DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE QUE PERMITA A CREACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO NA COMARCA, é o lema escollido para encabezar a marcha.  Para o CES o lema é moi acertado pois  aínda que non somos alleos á crise económica que estamos a sufrir non se debe perder de vista que podemos perder de vista que  ENCE-ELNOSA, lonxe de ser a solución é o problema, xa que representa só o 0.5% do traballo na comarca e destrúe máis postos de traballo dos que crea.

A ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA esixe, ao igual que o CES, o fin inmediato e definitivo da actividade do complexo. Tamén que o goberno da Xunta, como primeira medida,  non renove no 2011 as Autorizacións Ambientais Integradas a ENCE e ELNOSA.

Esta marha quere ser un chamamento á mobilización social que obrigue ás distintas administracións públicas a afrontaren decididamente o problema, a comprometerse na defensa dun modelo económico sustentable baseado na explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, forestais e turísticos, único capaz de crear emprego estable e de calidade.

O complexo ENCE-ELNOSA é incompatible co desenvolvemento económico da ría de Pontevedra, sendo ademais o foco contaminante máis importante, sendo xa de sobra coñecido o seu impacto sobre a saúde das persoas

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: