Publicado por: garza18 | 04/06/2015

EXCURSIÓN ANUAL DO CES: O Barbanza prehistorico

Este ano propoñemos unha excursión á comarca que comparte a ría con nós, ao Barbanza. Fixarémonos no seu pasado mais antergo e seguiremos os rastros que os primeiros poboadores desa comarca nos deixaron: arte nas pedras, enterramentos e casas.

A cita é o domingo 14 de xuño, e o programa é:

-09:00: Saída de Portonovo (marquesiña tras a praxa de abastos)
-09:30h Cambados. (praza de abastos)
-10:00h Vilagarcía.
-11:30 a 14h Ruta das Mámoas, dende o monte Iroite, un dos miradores das rías de Arousa e de Muros-Noia, ata a aldea da Granxa, paseando entre petroglifos e mámoas. Iremos da man de Tino Quintela, gran divulgador e defensor ambiental, gran coñecedor deste entorno. A ruta non chega aos 3 km de longo i é de fácil camiñar.
+ info da ruta completa (nós non a faremos enteira):
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3966921
Casota do Páramo en el Barbanza

-Xantar ao ar libre: cada quen que leve comidiña.
-17:00 a 19:30- Visita ao Centro arqueolóxico do Barbanza, en Boiro. Alí o seu guía mostrarannos a súa exposición, unha proxeccións dos valores arqueolóxicos da zona e faremos unha visita aos castros de Neixón, un dos castros mellor estudados de Galicia.

+ info deste centro en WWW.centroarqueoloxicodobarbanza.org.

-Chegarase de volta ás 20:30h, comezando a despedida en Vilagarcía e rematando no Grove.

Xa sabedes que para participar na excursión é preciso apuntarse, chamar ao CES (680580086) ou enviar sms ou whatsapp indicando nome e apelidos, onde colledes o bus, idade, se sodes socio ou non e un teléfono de contacto. Tamén podedes enviarnos un correo electrónico a cesalnes@yahoo.es. Facédeo canto antes!!

Prezo da visita:
Sócios: 10 €.
Non sócios: 15 €.
Nenos (menores de 12 anos): 5€.
Parécevos un bó plan? Agardamos que si e que vos apuntedes á excursión con nós.

Advertisement

Respostas

  1. Lástima, saíronme outros plans… oubérame gustado ir…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: