Publicado por: garza18 | 18/05/2012

Ven con nós a eliminar plantas invasoras na praia de Baltar (Portonovo)

O sábado 26 de maio ás 11 da mañá quedaremos no paseo da pasarela de Baltar (Portonovo) no seu comezo dende a vila para eliminar Herba da Pampa e Uña de gato.

Estas plantas non son propias da duna, nin tan sequera das nosas latitudes, xa que veñen de Sudamérica e Sudáfrica respectivamente. Chegaron a nós como planta ornamental, mais se naturalizaron perigosamente e en sitios como as dunas compórtanse como invasoras e ameazan ás plantas propias da nosa costa, pois compiten con elas polo espazo, a luz, a auga e os nutrientes.

No 2007 e tras moito traballo e presión do CES ao Servizo de Costas, logramos que rexeneraran parcialmente a duna secundaria de Baltar.

A zona remarcada é o lugar onde se fixo a devandita rexeneración, e onde eliminaremos a Herba da Pampa.

Esta rexeneración avanza lentamente cara o éxito,  pero están a aparecer de novo, (a pesar de que o ano pasado xa traballamos na súa eliminación), pés da Herba da Pampa (Cortaderya selloana)  que poñen en perigo o incipiente ecosistema dunar que se está a formar.
O CES solicitou de novo este ano a Costas que leven a cabo control desta planta, mais non se están a tomar medidas. Por iso, novamente farémolo nós.
Se somos suficientes tamén eliminaremos Uña de Gato (Carpobrotus sp.) que xa leva anos instaurada noutras zonas das devanditas dunas.
Se tés, trae luvas de xardiñería, sacho ou sachiño.
VENTE E AXUDA Á DUNA QUE TANTO ESFORZO NOS CUSTOU QUE REXENERARAN!


Recorda que estas actividades son de balde e abertas a todos os públicos (socios e non socios).


Respostas

  1. ola ! estas plantas son unhas invasoras implacables, e aparte de nas dunas tamén as observei polo curso nas beiras do río de Fabaíños, concretamente preto do muíño de Barbeito. A verdade é que o río está algo abandonado, tanto por parte de veciños como de concello.
    ATTE un veciño preocupado.

    • Saudos
      gustaríame contactar con David, dende hai dous anos estou facendo un seguimento de fauna e flora no regato de Fabaiños. tendes o email?grazas
      apertas

      • Ola,
        Se te refires ao David do comentario anterior, este é o correo que aparece no comentario:
        dawidlm@hotmail.com

        Saúdos.

    • Ola!
      Sería interesante facer algunha actuación no río Fabaíños, que está bastante descoidado, por dicilo suavemente. Se tes tempo e ganas, estamos interesados en escoitar as túas propostas e botar unha man.
      Saúdos!

      • Ola, perdoa por non ter contestado antes pero é que ando con exames e estudio en Santiago. Pois a ultima vez que pasei por alí as plantas aínda eran pequenas pero medran moi rápido e máis con humidade no solo. O peor ven cando boten flor. Por outro lado estaría ben unha campaña de limpeza na que participaría incluso poñendo medios propios. Tamén llo vou a comentar ós membros de Arresentella. Saúdos.


Deixar un comentario

Categorías