Publicado por: garza18 | 20/06/2022

Asemblea anual

Convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria do Colectivo Ecoloxista do Salnés para o próximo domingo 3 de xullo en Lores. Terá lugar ao aire libre na zona recreativa da ruta dos muíños e, en caso de choiva, trasladarase á casa da cultura de Lores.

Área recreativa
Casa da cultura de Lores

Terá lugar ás 11:00h en 1ª convocatoria e 11:15h en 2ª convocatoria.

En xornada de tarde realizaremos a ruta dos muíños de Lores guiada polo noso socio Rafa Vidal. Como parte do percorrido visitaremos o interior do Muíño de Entremuiños coñecendo a súa estrutura, e veremos os diferentes tipos de muíños. Quedaremos a comer na contorna así que non te esquezas de levar “comida campestre”  Anímate a vir!

Estos serán os PUNTOS DA ORDE DO DÍA:

DE QUE FALABAMOS TAL DÍA COMO HOXE O ANO PASADO?

    Lectura da acta da asemblea ordinaria de 2021.

QUE FIXEMOS AO LONGO DO 2021?

    Memoria anual de actividades 2021.

CANTOS SOMOS?

    Balance de socios 2021.

COMO ESTAMOS DE CARTOS?

    Memoria anual económica 2021.

DAREMOS O RELEVO?

     Necesitamos novas caras na directiva do CES… poderías ser ti @ nov@ vogal, presidente/a secretari@… Comunícanos a túa intención de presentarte por teléfono ou correo electrónico. A túa colaboración dentro ou fora da directiva é fundamental para o mantemento da actividade do CES e a consecución dos seus obxectivos de conservación e mellora do patrimonio natural do Salnés.

QUE CAMIÑOS SEGUIREMOS?

    Qué queremos que faga o CES? Cómo queres coidar o noso entorno dende o CES? Qué mellororas podemos levar a cabo?

ROGOS E PREGUNTAS

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: