Publicado por: garza18 | 05/04/2022

Pasamento de Moncho Meis, o primeiro presidente do CES

Hoxe recibimos a mala nova do pasamento dun dos socios fundadores do noso Colectivo: Moncho Meis.
Fóisenos o primeiro presidente do CES, o que aos comezos dos 90 trazou o bo rumbo dos nosos primeiros pasos, nunha travesía que xa comezara xunto a Luis Rei na Asociación Ecoloxista do Grove.
 
Grazas Moncho, porque os que agora collemos o teu testemuño sempre sentimos o teu agarimo e apoio. Nós sempre estaremos orgullosos e orgullosas de ti.
Agora estamos tristes pero recordarémoste coa túa ledicia e o teu bo ánimo, como se che ve nesta foto de fai uns anos (segundo pola dereita) durante a cea aniversario dos 25 anos do CES.
 
Que a terra, que tan ben defendiches, che sexa leve.
Descansa en paz.

https://pompasfunebres.es/esquelas-y-pesames/ver-esquela/4752/

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: