Publicado por: garza18 | 23/12/2021

PROPÓSITO DE DECEMBRO: HIXIENE PERSOAL SEN MANCHAR O ENTORNO

A inmensa maioría dos produtos de hixiene persoal e limpeza do fogar veñen envasados en plástico. Algúns deles mesmo están sobreenvasados como reclamo ao consumo e acabamos pagando máis polo envase que polo produto en sí. Outro problema é que adoitan ser bastante contaminantes, afectando á calidade das augas ás que finalmente son vertidos.
Por outra banda, a práctica totalidade dos utensilios de hixiene pódense substituír por outros reutilizables ou de materiais máis respectuosos co entorno.
A continuación dámosche algunhas ideas que van tanto beneficiar ao medio ambiente como á túa economía.

HIXIENE PERSOAL
– Utiliza cepillo de dentes de bambú en lugar dos de plástico. A vida media dun cepillo é aproximadamente de 3 meses, e a vantaxe dos primeiros é que son biodegradables. Así mesmo, escolle cepillos de cabelo de madeira e cerdas naturais.
– Substitúe as navallas de afeitar de usar e tirar polas de metal reutilizables. Ideais para peles sensíbeis.
– Limita o uso das toalliñas húmidas e nunca as tires polo WC, incluso cando se indica no paquete.
– Compra papel hixiénico reciclado.
– En lugar de tampóns, compresas e salva slips, usa a copa menstrual e/ou bragas menstruais e/ou compresas de tea lavables. No caso de usar tampóns, mércaos sen aplicador ou con aplicador de cartón e no caso das compresas ou salva slips, de algodón ecolóxico e con menos plástico.
– Proba cos cueiros reutilizables. Hainos de moitos tipos. Á larga resultan máis económicos.
– Usa discos desmaquillantes lavables como alternativa aos discos de un só uso.
– Considera o emprego de máscaras reutilizables, sempre homologadas.
– Si utilizas esponxa na ducha, elíxea natural e non sintética.
– Escolle xeles e champús en pastilla fronte aos líquidos envasados en plástico. Podes elaboralos tí mesm@. Si prefires as presentacións fluídas, é fácil preparalo na casa a partir do produto sólido. Tamén existe a opción de mercalos a granel.
– Opta por desodorantes en barra elaborados con produtos naturais. Tamén é posible elaboralos un/ha mesm@.
– Inda que son complicadas de entender, mira as etiquetas e decídete por cosméticos con ingredientes máis ecolóxicos e que non conteñan microplásticos, como pode ser o caso de algunhas pastas de dentes e dos exfoliantes. Neste último caso elixe aqueles feitos con pepas ou opta por cepillos exfoliantes ou similares.
– Os bastonciños de plástico son un resíduo moi común nas praias; úsaos con moderación e feitos con materiais biodegradables.
– Utiliza perfume a granel reenchendo o mesmo envase de vidro. Resultan moito máis económicos e tes multitude de aromas a elixir.

LIMPEZA DO FOGAR
En primeiro lugar, non te obsesiones coa desinfección do fogar; moitas veces cun pano seco ou cun pouco de auga é suficiente. Non ten moito sentido, por exemplo, desinfectar un chan que vas pisar coa sola dos zapatos. Mesmo en época de covid non vas conseguir nada desinfectando as superficies que compartes coas persoas que convives e respiras o mesmo aire.
Os produtos de limpeza habituais conteñen substancias tóxicas e moi contaminantes como os fosfatos ou os tensioactivos, que rematan nos sumidoiros e finalmente chegan aos ríos e mares.
– Unha maior cantidade de produto non é sinónimo dunha mellor limpeza senón máis ben ao contrario; un exceso de espuma, deterxentes etc. poden dificultar o lavado e mesmo estropear os electrodomésticos. Cíñete ás cantidades recomendadas.
– Se tes a posibilidade, merca produtos de limpeza a granel con envases reutilizables.
– Evita o uso de ambientadores. É mellor ventilar e, no caso de precisalo, usar plantas aromáticas ou aceites esenciais para aromatizar as estancias.
– Para os residuos domésticos utiliza bolsas recicladas e biodegradables. Reutiliza as que teñas por casa.
– O limón, o ácido acético (vinagre), o bicarbonato sódico, o borato sódico (borax) ou o percarbonato de sodio son potentes limpadores e/ou desodorantes con múltiples usos no fogar. Hai diferentes receitas que os combinan, polo que podes facer na casa o teu propio deterxente de roupa ou louza, quitamanchas, blanqueador, limpador de superficies, produto alternativo ao suavizante de roupa, etc.
– Reduce ou mesmo elimina o uso do suavizante de roupa; son moi contaminantes, acortan a durabilidade da roupa e poden afectar á pel. Substitúeos por bicarbonato para eliminar os malos cheiros ou xabóns con aceites esenciais.
– Os xabóns naturais e neutros son suficientes en multitude de ocasións. Pódelos facer a partir de aceite usado.
Ao longo deste mes publicaremos algunha receita de produtos de hixiene persoal ou limpeza do fogar. Vai gardando os botes valeiros dos teus produtos habituais xa que en canto probes os ecolóxicos, non vas querer mercar outros. E, como sempre, agardamos as túas aportacións.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: