Publicado por: garza18 | 13/10/2021

O CES PARTICIPA NA LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS


Este ano unímonos á Limpeza Simultánea de praias organizada por Adega para visibilizar o grande problema do lixo plástico no mar. 

Así poderemos visualizar de primeira man a necesidade da REDUCIÓN na xeración de residuos, principalmente de tipo plástico, temática na que levamos traballando todo este ano a través das propostas mensuais.

Por outra banda, tamén reinvindicamos a necesidade da limpeza manual frente á mecanizada en tódalas praias con sistemas dunares, para non alterar o perfil dunar nin eliminar as algas, que non son lixo, e forman parte do ecosistema praia-duna. Pero especialmente nesta praia de Montalvo, onde este tipo de práctica é fundamental para que os niños da especie protexida píllara das dunas, vaian adiante.

A cita é este sábado 16 de outubro ás 16:30 horas na Praia de Montalvo (Concello de Sanxenxo). Quedamos no aparcadoiro da “sartén”. 

Pregamos ás persoas interesadas en vir que traian o seu propio par de luvas reutilizables (luvas de horta, xardín ou bricolaxe), para evitar a xeración de novos residuos. (Aínda asi, tamén teremos luvas reutilizables por se alguén se esquece). 

Así mesmo, seguimos coa normativa Covid, polo que pregamos a tod@s @s participantes que respecten as restricións vixentes. 

As persoas interesadas en participar poden consultar aquí o protocolo de limpeza ecolóxica de praias: http://adega.gal/media/documentos/Protocolo-Praias-2017.pdf  

 

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: