Publicado por: garza18 | 12/10/2021

PROPÓSITO DE OUTUBRO: NON VERTER O ACEITE USADO

 
 
O aceite usado non debe ser vertido polos desaugues, xa que isto provoca:

– Deterioro da fontanería doméstica e redes de saneamento públicas.

– Dificultades na posterior depuración das augas residuais e sobrecustes.

– Limitación da capacidade autodepurativa dos cursos fluviais, ao formar unha capa superficial que impide o intercambio gasoso por parte das especies acuáticas.

Un litro de aceite pode chegar a contaminar o equivalente ao consumo anual doméstico dunha persoa.

Na casa separa o aceite para a súa reciclaxe:

– Introdúceo nunha botella de plástico evitando o seu derrame e lévao ao contenedor de aceite.

– Elimina os restos do recipiente raspando cunha espátula de silicona. Tamén podes limpar os restos cos panos de papel usados que vaias desbotar (logo deben ir á basura xenérica).

Deste xeito o aceite vai poder ser reciclado, coas seguintes posibilidades:

– Industria química: fabricación de carburantes, disolventes e vernices, pinturas, lubricantes, ceras e candeas…

– Industria cosmética: fabricación de xabóns…

– Sector agrogandeiro: compostaxe, fabricación de pensos…

O aceite pódese compostar en pequenas cantidades (non máis do que arrastren os restos de comida) e ben mesturado coa fracción seca.

O aceite de fritir non debe ser reutilizado en exceso porque é moi prexudicial para a saúde.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: