Publicado por: garza18 | 22/08/2021

O CES ALEGA CONTRA O PARQUE EÓLICO DE CASTROVE

O Colectivo Ecoloxista do Salnés considera ao documento de inicio ambiental do Parque eólico de Castrove pouco rigoroso e que non cumpre cos preceptos que indica a lexislación de avaliación de impacto ambiental.

O CES presentou esta semana ante a Consellería de Medio Ambiente un documento coas súas consideracións ante o documento de inicio que presentaron os promotores dun parque eólico no Monte Castrove. Dito documento inicia a tramitación para lograr da Xunta de Galicia o certificado de declaración ambiental, documento indispensable para a instalación do parque eólico. Segundo a lexislación que rexe as avaliacións ambientais, neste documento débense mostrar diferentes alternativas viables do proxecto, ponderalas con criterios ambientais, sociais i económicos e tras esta análise escoller a máis adecuada.
Este documento está a exposición pública para que toda a cidadanía poda aportar información que mellore dita análise.

O CES considera que as alternativas mostradas polos promotores non son viables, xa que na alternativa 1 un dos muíños está a menos de 500m de vivendas, incumprindo a legalidade polo que non é unha alternativa tecnicamente viable, así que non é válida a súa presentación. Outra das alternativa é confusa xa que se di que se modifica a posición de dous muíños da alternativa 1 pero realmente so elimina un muíño. Esta presentación de alternativas tan errónea, a base estructural deste informe, invalida completamente este documento de inicio.

Nueva imagen (2)

Ademais o CES cree que o proxecto de parque eólico debe incluír a súa conexión eléctrica á Rede, é dicir, facer público as características técnicas e o trazado desas liñas de media ou alta tensión que verte a electricidade producida no Parque eólico á rede eléctrica xeral. Un parque eólico sen conexión á rede non é funcional, polo que para valorar o seu impacto real deben contemplarse conxuntamente.

O CES presentou outras consideracións relativas á afectación á hidroloxía do lugar, á fauna á flora, paisaxe e contaminación acústica. A nivel de afeccións socioeconómicas, chámanos a atención que nin se mencione posibles afeccións ao sector tan importante na zona como é o turístico.

No escenario da loita contra o cambio climático existe o obxectivo internacional de evitar o incremento da temperatura global en máis de 1,5ºC. Isto esixe reducións superiores ao 7,6 % anual dos gases de efecto invernadoiro. Para elo, é imprescindible acadar na produción eléctrica un horizonte 100 % renovable coa maior brevidade posible. Mais para que esta transición sexa xusta ambiental e socialmente non podemos volver a reproducir os erros que nos levaron a esta situación, na que un oligopolio de empresas enerxéticas perpetúa os seus beneficios de produción aínda que conleve a degradación ambiental. Ante esta realidade, resulta urxente establecer fórmulas que favorezan os consumos enerxéticos e eléctricos que aporten beneficios á comunidade e penalicen os privativos e acaparadores.
Instalacións de iniciativa municipal, de comunidades enerxéticas ou de cooperativas, cubrirían demandas locais e se perdería pouca enerxía no transporte.

Aquí tes acceso ao noso documento de alegacións: Rev.Doc.Inicio Castrove CES


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: