Publicado por: garza18 | 18/07/2021

O CES PREGUNTA POLA LEGALIDADE DO IMPACTO PAISAXÍSTICO DUN RESTAURANTE DA LANZADA.

A Lanzada é unha das praias galegas con maior reclamo turístico e paisaxístico de Galicia. É ademais un espazo natural protexido encadrado dentro da Rede Galega de espazos Protexidos e tamén protexido internacionalmente na Rede Natura 2000 da Unión Europea. Este entorno natural é un dos orgullos da nosa comarca.

Na parte norte da Lanzada, ao carón da estrada costeira que vai cara a praia dos Raeiros e San Vicente, hai un dos miradoiros máis visitados de O Grove, dende onde se pode ver esta quilométrica praia, o mar aberto, a illa de Ons enfronte. Mais se a mirada xira ao norte, xusto no límite do espazo protexido, sen unha zona amortiguadora, comeza a ocupación da costa e os estragos paisaxísticos.

A poucos metros deste miradoiro atópase un restaurante-arrocería, que está a aumentar a súa superficie de terrazas paulatinamente, ao longo de máis de 15 anos, ocupando cada vez máis superficie e creando distintos espazos de mesas, aparcamentos, zonas cubertas e pistas de acceso. O que comezou sendo un pequeno restaurante ao carón da estrada, que apenas supoñía un impacto visual, está a converterse nun impacto paisaxístico e ambiental, debido á ocupación da costa con megaterrazas, forte iluminación, movementos de terras e cortas de árbores e vexetación.

Comparación entre a ocupación dos terreos de Servidume de Protección de Costas no ano 2004 e no 2020 por parte do restaurante.

Este establecemento atópase na Zona de Servidume de Protección de Costas polo que o Colectivo Ecoloxista do Salnés ven de pedir, mediante escrito por rexistro, información sobre a autorización do Servizo Provincial de Costas para a ocupación desta franxa costeira pública, no caso de ter sido autorizada parcialmente ou na súa totalidade, e tamén sobre os seus condicionantes. Tamén remitimos escrito solicitando información sobre a legalidade urbanística de dias ocupacións á Axencia da Protección da Legalidade Urbanística (APLU).

E por último, aínda sabendo que esta finca está fóra do espazo protexido, enviamos outro escrito á Consellería de Medio Ambiente solicitando copia dos permisos pola corta de árbores na zona, así como as medidas que pensan tomar sobre este impacto no límite mesmo do espazo protexido. Estas ocupacións da costa coartan calquera intención que nun futuro a Xunta quixera tomar sobre a ampliación dos límites do espazo protexido para a protección de especies vulnerables que tentan vivir en dunas limítrofes que non contan actualmente con
protección.

A Lanzada vese acurralada entre urbanizacións, chalés, restaurantes e estradas. Algúns feitos antes das normas urbanísticas e outras tristemente despois. As vistas dende as terrazas ou dende as fiestras desas construcións deben ser impresionantes, e por iso se converte a paisaxe nun negocio urbanístico que está a estragar esa paisaxe. Centos de veces estes feitos foron denunciados polo CES coa crenza de que a costa é de toda a cidadanía e os espazos protexidos tamén, e debe existir o dereito a desfrutar dunha paisaxe de calidade nun dos poucos tramos costeiros naturais que quedan no Salnés.


Responses

  1. Paréceme unha gran pregunta, moi axeitada. É a que me levo facendo dende fai uns anos. Medra coma xinxa. A ver que contestan.

    El dom., 18 jul. 2021 9:57, Colectivo Ecoloxista do Salnés escribió:

    > garza18 posted: ” A Lanzada é unha das praias galegas con maior reclamo > turístico e paisaxístico de Galicia. É ademais un espazo natural protexido > encadrado dentro da Rede Galega de espazos Protexidos e tamén protexido > internacionalmente na Rede Natura 2000 da Unión Europ” >


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: