Publicado por: garza18 | 05/04/2021

O C.E.S. SOLICITA A REUTILIZACIÓN DAS ESTACAS ANTI COVID DE SILGAR PARA PROTEXER A DUNA DE BALTAR.

Segundo informacións aparecidas na prensa, as estacas retiradas da parcelación anti Covid de Silgar, van ser reutilizadas polos responsables do Concello de Sanxenxo con fins medioambientais e de protección dunar. Por iso dende o CES acabamos de solicitar ao Concello que reutilice parte de ditas estacas para delimitar unha zona no ecosistema dunar de Baltar (Portonovo), lindante á estrada e a unha plantación de piñeiros mansos.

Proposta de valado (liña marrón) para evitar que a zona de tránsito e pisoteo se estenda aínda máis alá dos piñeiros, que xa no seu día foi espacio gañado á duna.

O obxectivo é protexer a vexetación dunar do pisoteo da xente, e que o tránsito non se estenda máis alá da zona ocupada polos piñeiros, empregada como zona de lecer e merendeiro. Esta iniciativa o CES considera que xa tiña que saír do propio Concello, no marco dunha serie de actuacións que se comprometeron a realizar para impulsar a protección e rexeneración definitiva do espazo dunar. De feito, xa no 2019 o CES entregou unha proposta nesa liña na Concellaría de Medio Ambiente, que segue sen resposta na práctica. Mentres non se acometa a rexeneración definitiva do espazo dunar, que o Concello se comprometeu a impulsar, vemos que é imprescindible que se delimite a zona ocupada polos piñeiros mansos para que as persoas non transiten pola duna lindante nin fagan deportes nela.

thumbnail (6) - Copia

A pesar da existencia de carteis e pasarelas, imaxes como esta, de xente transitando ou ocupando esta zona con especies dunares, se repiten cada vez con máis frecuencia, de aí a necesidade do valado.

A pesar dos carteis do Concello instando a respectar a vexetación dunar, as rozas abusivas feitas por esta administración causan confusión entre os viandantes, que dificilmente van entender que non se poida pisar por unha zona onde pasan tractores e cortan a vexetación como se dun campo de fútbol se tratase. Por iso instamos de novo ao Concello, a que se realmente quere protexer a vexetación dunar, a súa biodiversidade, os seus hábitats e a súa fauna, deixe de cortar a vexetación indiscriminadamente, e o faga só de forma puntual onde proceda.

Vista da zona onde hai especies dunares antes e despois do desbroce, cada vez máis frecuente dende o 2017. Nótese que o Concello non da exemplo cando pide que se respecte a fráxil vexetación dunar, creando confusión ao respecto. Ao contrario, incita ao pistoeo e ocupación, xa que é obvio que se non estivese rozado, ninguén se metería a camiñar por aí.

Neste caso, a colocación das estacas non tería custe algún para o Concello, polo que non habería escusas económicas . Se deciden valar esta zona estarán amosando que a súa intención é realmente a protección da biodiversidade local e non a súa destrución para transformala nun parque urbano. Existen moitos outros lugares onde se poden facer parques e zonas verdes, sen ter que destruír a única illa de biodiversidade silvestre que nos queda en Portonovo.

Recordemos que en Baltar existen decenas de especies vexetais exclusivas de ecosistemas dunares e tamén hábitats protexidos pola Unión Europea, que este espazo está protexido pola Lei de Costas, o Plan de Ordenación do Litoral e o Plan de Conservación dunha ave en perigo de extinción: píllara das dunas. A obriga dun Concello e dunha Concellería de Medio Ambiente é protexer e dar a coñecer esa biodiversidade local, non usar a escusa de que está degradada nalgunhas zonas, para deixala esmorecer e destruíla aínda máis.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: