As bolsas de plástico contribúen ao problema medioambiental que supón este material, chegando á natureza onde causan importantes problemas, mesmo si as botas no contenedor adecuado, polo que a mellor medida é reducir ao máximo o seu uso.
Este mes propoñémosche eliminar as bolsas de plástico, considerando as seguintes alternativas:
- Leva as túas propias bolsas reutilizables. Si tes que adquirirlas novas, elíxeas de tea. As de plástico deterioranse co uso desprendendo anacos.
- Usa o carro da compra.
- Emprega “tuppers” para produtos frescos como o peixe, carne, polo… Ademais das vantaxes ecolóxicas, eliminas os cheiros que suporían as bolsas con restos no teu lixo.
- Reutiliza as bolsas de plástico que teñas por casa; garda as bolsas nas que se empaquetan os produtos que mercas (si non podes adquirilos sen plástico) para darlle máis usos antes de tiralas.
- Si despois de todo necesitas unha bolsa non reutilizable, que sexa compostable.
Nos seguintes enlaces podes atopar información sobre o problema dos plásticos no medio ambiente e a súa orixe.
https://www.nationalgeographic.com.es/naturaleza/actualidad/de-donde-proviene-plastico-oceanos_13624
Deixar unha resposta