
Na natureza o uso dos recursos é circular; todos os produtos de desfeito vólvelse incorporar nos ecosistemas como novas materias primas. O estilo de vida do ser humano rompeu este círculo convertendo recursos naturais en residuos xerando, en consecuencia, varios problemas: o esgotamento dos recursos, unha inxente cantidade de lixo de difícil xestión e todos aqueles impactos negativos (emisións de gases de efecto invernadoiro, contaminación, perda de hábitats e biodiversidade…) asociados á extracción de recursos, fabricación, distribución ou consumo.

Podemos e debemos mudar as nosas costumes para restablecer ese círculo e aproximarnos á xeración de cero residuos á vez que diminuímos o consumo de novos recursos.

Este non é un círculo pechado como na natureza; hai unha entrada de novos recursos e unha saída de residuos non recuperables, pero ambos deben reducirse ao mínimo.
Ao longo do 2021 propoñémoste o reto de diminuír de xeito significativo a cantidade de lixo que xeras, animándote a reflexionar cada vez que vaias adquirir un novo ben de consumo, o uso ao longo da súa vida útil ou o seu destino final.
Mes a mes neste 2021 aportaremos unha idea para conquerir este obxectivo, agradecendo as vosas aportacións i experiencias. Comezaremos atacando a raíz do problema, O CONSUMISMO: quizais ti póidascho permitir; o planeta non.
Antes de mercar un novo ben deberiamos pensar, en primeiro lugar, si realmente o necesitamos. Si é así, buscar a mellor alternativa: un produto máis respectuoso co medio, con menos embalaxe, adquirilo de segunda man… Desbotar a idea de “non me compensa arranxalo” xa que a variable económica non é a única a valorar.

Deixar unha resposta