Publicado por: garza18 | 03/01/2021

O C.E.S. RECORDA QUE OS DESBROCES EN BALTAR DESTRÚEN BIODIVERSIDADE

Estudos científicos demostran a relación da destrución de ecosistemas e biodiversidade  coa aparición de pandemias. A ONU e a OMS advirten de que a saúde humana depende estreitamente da saúde da natureza, e que se queremos evitar futuras pandemias, debemos empezar  por conservar e restaurar a biodiversidade.

¿E onde temos biodiversidade en Portonovo? Despois de ter entubado ríos, construído enriba de humidais e reenchido marismas e xunqueiras, o único patrimonio natural que nos queda está nas dunas de Baltar. Unha illa de biodiversidade onde sobreviven especies exclusivas, froito de miles de anos de evolución e adaptación ás duras condicións da praia. Endemismos que en todo o mundo só se poden atopar nos sistemas dunares de Galicia e norte de Portugal. Por algo a Directiva Hábitats inclúe ás dunas grises entre os hábitats prioritarios a conservar. E por algo o Plan de Ordenación do Litoral insta a restaurar os sistemas dunares. Un ecosistema duns 10.000 anos de antigüedade que nos últimos 50 anos veu reducida máis da metade da súa superficie orixinal.

Comparación do sistema dunar no 1956 e na actualidade, onde se ve claramente toda a superficie de duna gris perdida máis aló da estrada.

¿E que fai o concello de Sanxenxo? Desbrozar as especies dunares e endémicas porque si, ao longo de todo o trazado das pasarelas, convertindo un elemento instalado para protexer estas especies do pisoteo, nun elemento de destrución das mesmas. Argumentan que as herbas invaden a pasarela, o cal só sucede nun pequeno tramo da mesma, (onde hai especies impropias deste ecosistema) polo que o desbroce por todo o trazado carece totalmente de sentido.

Tamén consinten dende o concello, o desbroce con tractor nunha franxa de ata 10 m de ancho ao longo do paseo de baldosas a modo de parque. Esquecen que se trata dun espazo natural, por degradado que estea. Que están destruíndo  biodiversidade pola morte de flora e fauna autóctona, compactación do terreo, fortalecemento e expansión de especies invasoras como o gramón. Que están incitando á xente a pasear por riba do espazo dunar.

Un ecosistema dunar ben conservado mantense en equilibiro por sí só, e coa súa restauración ambiental, desaparecerían del tódalas especies impropias e invasoras, como canas, silvas, gramón… facéndose innecesario o desbroce para sempre. Rexeneración á que xa se comprometeu o alcalde en varias ocasións, así como a non seguir desbrozando deste xeito irracional. Pero os desbroces continúan facéndose e van a máis e con máis frecuencia, mentres a rexeneración segue sen materializarse.

En tempos desta pandemia, e das futuras que están por vir, como advirten OMS e ONU, cando a xente necesita máis que nunca estar ao aire libre, o alcalde debería cumprir o seu compromiso e promover espazos de contacto respectuoso coa natureza, restaurando e poñendo en valor o único patrimonio natural que nos queda en Portonovo. Sen esquecer que por estar en Portonovo non temos dereito a destrozalo os que nel habitamos, xa que forma parte do Dominio Público Marítimo Terrestre, e polo tanto, é patrimonio de tódolos españois.

E para non caer na demagoxia de ter que escoller entre persoas e natureza, non esquezamos que a execución destes proxectos de rexeneración ambiental (así como o turismo e educación ambiental asociados), tamén xenera postos de traballo. E que a nosa saúde depende da saúde da natureza.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: