Publicado por: garza18 | 31/12/2020

Propósito para un novo ano e unha nova década: frear a crise climática e a aparición de novas pandemias.

A estas alturas todo o mundo quere que remate este ano de pesadelo, tal vez coa inxenua crenza de que cando pase esta pandemia, todo volverá ser como antes. Ou que mentres dure a covid-19, os esforzos que xurdiron durante o 2019 para intentar frear a crise climática, deben quedar agora nun segundo plano. Nada máis lonxe da realidade, en vista dos últimos informes científicos que vinculan a destrución da natureza e a crise climática coa aparición de novas pandemias.

Cabe preguntarnos que é o que, como sociedade, estabamos facendo mal antes, para intentar cambiar radicalmente o modelo social, a tódolos niveis, tanto global como local. Por todas partes se oen frases como que vamos a exterminar este virus maligno que veu para fastidiarnos, e unha vez erradicado, acabouse o problema. Podemos caer nese discurso inxenuo e victimista ou ben, aproveitando o cambio de ano e de década, tomar esta pandemia como un aviso máis da natureza e unha oportunidade para cambiar as cousas e evitar que vaian a peor.

Un recente informe do IPBES (Plataforma Intergubernamental de Ciencia e Política sobre Biodiversidade e Servicios dos Ecosistemas), de Nacións Unidas, alerta de que as mesmas actividades humanas que impulsan o cambio climático xeran risco de pandemias. O grupo de especialistas, a través do seu presidente, Peter Daszak, afirman que: “Non existe ningún gran misterio sobre a causa da pandemia de COVID-19 ou de cualquera pandemia moderna. As mesmas actividades humanas que impulsan o cambio climático e a perda de biodiversidade, también xeran risco de pandemia a través dos seus impactos no noso medio ambiente”.

Ata un 70% das enfermidades emerxentes (como o ébola ou o zika) e case todas as pandemias coñecidas, como a influenza e o VIH/SIDA, son zoonóticas, é dicir, son causadas por microbios de orixe animal. Uns microbios que se «propagan» a causa do contacto entre a vida silvestre, o gando e as persoas. Neste punto, o documento científico alerta que actualmente hai outros 1,7 millóns de virus «non descubertos» que viven en mamíferos e aves, dos cales ata 850.000 poderían ter a capacidade de infectar aos seres humanos.

Os cambios no uso da tierra, a expansión e intensificación da agricultura, así como a deforestación, o comercio, a producción e o consumo insostibles son algunhas das accións que acaban por perturbar a natureza e fan aumentar o contacto entre a vida silvestre, o gando, os patóxenos e as persoas. “Este é o camiño cara as pandemias», sostén Daszak.

Tamén conclúe o informe do IPBES que é moitísimo máis barato previr as pandemias a través da loita contra o cambio climático que intentar atallar brotes como o da covid-19 unha vez producidos. E propón solucións aos gobernos, que se poden consultar nos seguintes artigos: https://www.climatica.lamarea.com/pandemias-cambio-climatico-ipbes/ https://diarioresponsable.com/noticias/30176-cambio-climatico-y-pandemias-dos-caras-de-una-misma-moneda

Respecto ao papel do cambio climático, o informe recuerda que xa estivo implicado na aparición de enfermidades como a encefalitis, transmitida por garrapatas. Además, a emerxencia climática causará un risco substancial de pandemias no futuro ao ter como consecuencia o movemento de persoas, a vida silvestre, os reservorios de virus e bacterias e os seus vectores, facilitando tamén a aparición de determinadas especies en novas áreas onde poden levar enfermidades antes descoñecidas ou desaparecidas. Tal como se afirma nun completo informe sobre o mesmo tema publicado por WWF: “Perda de natureza e pandemias. Un planeta sano pola saúde da humanidade”. Outros científicos tamén alertan de que se a esto engadimos o risco de liberación de virus que agora mesmo están conxelados nos glaciares que están empezando a fundirse, o risco de pandemias aínda é maior.

A este respecto, tamén a OMS se pronunciou recentemente, como se pode consultar no seguinte artigo: https://www.efeverde.com/noticias/oms-asocia-pandemia-cambio-climatico-cuestion-tiempo/

Para máis información, varios artigos e vídeos científicos do investigador do CSIC Fernando Valladares: https://elpais.com/planeta-futuro/2020-11-22/la-pandemia-como-sintoma.html https://www.valladares.info/la-ecuacin-de-la-crisis/ https://www.valladares.info/la-biodiversidad-nos-protege-de-pandemias/

Volvendo á crise climática, xa estaba máis que constatado antes da irrupción da covid-19, que temos 10 anos para frear as emisións de CO2 nun 40% se queremos aproximarnos ao obxectivo do Acordo de París de limitar o aumento de temperatura media a 1,5ºC.

Está claro que se requiren cambios radicais a nivel estructural impulsados polos gobernos de todo o mundo, pero tamén que as nosas actitudes e hábitos diarios como consumidores, todos sumados, terán un gran papel, como xa se demostrou moitas veces, no camiño que tome o futuro da natureza e da humanidade, que deben, dunha vez por todas, ir da man.

Por iso, durante o 2021 imos ir facendo (e recibindo, de tod@ aquel que queira colaborar) propostas mes a mes, para que cada un/unha de nós poidamos poñer o noso importantísmo gran de area en intentar reconducir a crise ecolóxica, con optimismo e esperanza.

PORQUE SABEMOS QUE FACER ALGO AO RESPECTO, NOS FARÁ SENTIRNOS PARTE DA SOLUCIÓN, E TER UN 2021 MÁIS FELIZ!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: