Publicado por: garza18 | 15/11/2020

Asemblea xeral extraordinaria virtual

Neste ano tan estraño no que un novo bichiño veu a luz e nos mudou tantas cousas das nosas costumes e tantos desgustos está a dar, o CES tamén debe adaptarse, ao igual que facemos cada un e cada unha de nos para seguir adiante. Por primavera, cando normalmente solemos convocarvos para a Asemblea Anual, non se puido realizar. Estivemos agardando o momento oportuno para realizala de xeito presencial pero entre COVID, vacacións, vendimas e máis COVID, o ano vai pasando e a ocasión semella que non chega, polo que teremos que facer a noso encontro de modo virtual.
Así as cousas, o CES convócavos á Asemblea Xeral Ordinaria o sábado 28 de novembro ás 18h (o lugar será: os salóns, habitacións, despachos de cada casa). Enviarémosvos un correo electrónico co enlace para entrar á sala virtual onde nos atoparemos. Os que recibides esta circular en papel deberedes poñervos en contacto uns días antes para pasarvos o enlace do xeito que vos consideredes mellor.

Estos serán os PUNTOS DA ORDE DO DÍA:
DE QUE FALABAMOS TAL DÍA COMO HOXE O ANO PASADO?
Lectura da acta da asemblea ordinaria de 2019.
QUE FIXEMOS AO LONGO DO 2019?
Memoria anual de actividades 2019.
CANTOS SOMOS?
Balance de socios 2019.
COMO ESTAMOS DE CARTOS?
Memoria anual económica 2019.
DAREMOS O RELEVO?
Necesitamos novas caras na directiva do CES… poderías ser ti @ nov@ vogal, president@ secretari@… Comunícanos a túa intención de presentarte por teléfono ou correo electrónico. A túa colaboración dentro ou fora da directiva é fundamental para o mantemento da actividade do CES e a consecución dos seus obxectivos de conservación e mellora do patrimonio natural do Salnés.
QUE CAMIÑOS SEGUIREMOS?
Qué queremos que faga o CES? Cómo queres coidar o noso entorno dende o CES? Qué melloras podemos levar a cabo?
ROGOS E PREGUNTAS


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: