Este domingo 27 ás 11 de mañá (hora nova!!) iremos facer a inspección de outono do río Umia, dentro do Proxecto Ríos.
Dende o ano 2007 levamos participando neste proxecto de custodia fluvial.
Mediremos, entre outros aspectos:
-Parámetros físico-químicos: pH, Tª, nitratos, O2 disolvido e saturación, turbidez, caudal do río…
-Calidade hidromorfolóxica: tipos de hábitats e o seu estaco.
-Alteracións: presenza de colectores, vertidos, lixo, escumas, cheiros…
-Estado de saúde do bosque de ribeira.
-Usos da terra nas beiras do río.
-Calidade biolóxica: identificación e interpretación de animais bioindicadores atopados.
-Biodiversidade autóctona de flora e fauna, e presenza de especies invasoras.
Esta é unha actividade aberta á que calquera pode asistir.
Só tes que traer calzado axeitado (botas no caso de querer entrar no río). O resto do material levarémolo nós.
Vémonos no Umia!
Deixar unha resposta