Hoxe, 12 de outubro, o CES participou na marcha organizada en Cambados pola Asociación A Naiciña contra o cambio climático. Despois da marcha, e antes das diversas actividades que tiveron lugar, limos un manifesto no que resumimos as evidencias actuais da crise climática, que sucederá na nosa comarca se non actuamos, e que cousas lle esiximos aos gobernantes, dende o Estado e a Xunta ata os dos concellos do Salnés, incluído, como non, o propio Cambados.
Agradecemos a esta asociación o seu esforzo por organizar esta actividade como chamada de atención ante a grave crise climática na que nos atopamos, e ante a que toda a sociedade debemos actuar xa.
Deixar unha resposta