Publicado por: garza18 | 30/09/2019

Resultados da limpeza do río Umia

XII Limpeza Simultánea
RESULTADOS DA LIMPEZA DO UMIA
(tramo de 500m entre Ponte Arnelas á ponte de Santa Marta).
Domingo 29 de setembro 2019

A cita cos voluntarios para a Limpeza do Umia do Colectivo Ecoloxista do Salnés foi na Ponte de Ponte Arnelas (ponte dos Padriños) ás 11h. Participaron un total de 16 persoas, dos cales 5 eran menores. Isto é meritorio, xa que nos acompañou a chuvia durante a recollida de lixo, dándolle máis vida así ao lema da campaña da Limpeza “Móllate polo Río”.

Percorrimos as dúas beiras do Umia ata as inmediacións da Ponte nova de Santa Marta, divididos en 2 grupos. Rematamos ás 13h, tras ter recollido os seguintes refugallos:
-250 l de envases (plásticos e latas de refrescos).
-100 l de papel e carton.
-10 l de vidro
– restos non reciclables: 100 l
– Voluminosos ou tóxicos: un neumático, unha valla de obra, louza, filtro de aceite dun coche.

Todo isto foi depositado nos correspondentes contentores de recollida selectiva da zona. Dos voluminos e tóxicos fíxose cargo o concelleiro de Medio ambiente do Concello de Ribadumia, que colaborarou co proxecto e na recollida de lixo, comprometéndose a que serían levados ao punto limpo para alí ser tratados do xeito convinte.
Ademais localizouse un punto de vertido de escombros con restos de ladrillos e uralitas, do que tamén foi informado o concelleiro de medio ambiente de Ribadumia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: