Publicado por: garza18 | 20/09/2019

Móllate con nós polo Umia: recollida de lixo o domingo 29 de setembro.

Un ano máis, unímonos á limpeza simultánea de Ríos que convoca o Proxecto Ríos a nivel galego.

O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais.

Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.

Animámosvos a participar este ano para que vaiades ao voso río e recollades ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza.

O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.

O CES coordinará a limpeza nun tramo do río Umia.

Vémonos na Ponte dos Padriños (Pontearnelas-Ribadumia) ás 11 da mañá.

Nós levaremos o material preciso. Trae roupa e calzado axeitados.

A actividade é aberta a tod@s, pero hai que anotarse previamente chamando ou mandando whatsapp ao tfno. do CES: 680 58 00 86.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: