Publicado por: garza18 | 14/06/2019

O CES ESIXIRÁ A NON AUTORIZACIÓN DE VERTIDOS DE DRAGA NO MAR DE SÁLVORA

Trala comunicación de Portos de Galicia de levar a cabo a draga da desembocadura do río Lérez (Pontevedra) e verter o producto de dita draga no punto de vertido chamado Psálvora, fronte ao Grove, entre as illas de Ons e Sálvora, o Colectivo Ecoloxista do Salnés quere manifestar publicamente a súa desconformidade con tal plan,
uníndose así ás voces do sector pesqueiro e marisqueiro da ría de Arousa, outras asociacións ecoloxistas e partidos políticos.

Estas voces contrarias xa están a facer que a Consellería do Mar comece a falar. Bótase en falla a opinión da Consellería de Medio Ambiente. O CES solicitaralle por escrito que denegue este vertido, neste punto do noso mar, así como noutros puntos do mar, e que aporte unha solución alternativa, como pode ser o seu uso ou confinamento
en terra atendose á lexislación de residuos.

Tamén é preciso, e así o solicitaremos unha vez máis, que dende a Consellería de Medio ambiente se lidere unha política a medio-longo prazo de recuperación vexetal das concas fluviais que minimice a achega de sedimentos ao río e que incrementa os fangos nas nosas rías (e portos). Fai falla corrixir actuacións como: ladeiras dos ríos
despoxadas da vexetación que agarre do solo, plantacións de eucalipto que apenas suxeita o chan, incendios, talas do bosque de ribeira, canalizacións artificiais das beiras dos ríos ou eliminando a vexetación de marisma que fai de atrapa sedimentos naturais.

Os sedimentos resultantes dunha draga deben ser analizados  para determinar o seu grao de perigosidade.  As directrices oficiais para a caracterización do material dragado e a súa reubicación en augas do dominio público marítimo-terrestre, marcadas por Puertos del Estado, distingue tres niveis . Así, os materiais clasificados como C non deben ser verquidos no mar, alomenos sen ter pasado por técnicas de descontaminación. Así, Portos debería informar á poboación de cal é a clasificación destos materiais e cales son os riscos ambientais , no caso de telo xa analizado, porque se non o fixo aínda, é unha irresponsabilidade ter anunciado o vertido no mar sen saber o seu grao de toxicidade.

A este respecto resulta inquietante que no propio estudo realizado por Portos de
Galicia sobre a zona de verquido en Sálvora no 2016, no seu apartado de estudo da dispersión dos sedimentos vertidos, escollen para facer o seu modelo predictivo os sedimentos da desembocadura do Lerez polo seu tamaño de gran (90% fango e 10% areas) xa que como citan supón “o caso máis desfavorable” en canto á dispersión e turbidez nas augas. Neste mesmo estudo mídense as concentracións dos metais pesados dos vertidos xa realizados nos fondos do punto de vertido de Sálvora, e aínda que din non superar os límites de toxicidade impostos polas directrices que se auto esixe Portos do Estado para poder ser vertidos ao mar, se esas medicións as comparamos cos valores internacionais de referencia de toxicidade de calidade de sedimento (1) en función dos seus efectos aos seres vivos mariños , todos os elementos analizados neste punto de vertido (chumbo, cadmio, arsénico, cobre, mercurio…) superarían os niveis considerados mínimos para non ser considerados tóxicos para o medio.

Así, á luz dos poucos datos que Portos de Galicia e a Xunta aporta á cidadanía é lóxico desconfiar da inocuidade do vertido, xa que os que xa hai alí non son inocuos, aínda que sexan legais na normativa española. No mar non hai fronteiras, e sabendo que o punto de vertido está fronte ás costas do Grove, zona protexida como de especial valor polos seus recursos naturais, e entre as augas tamén protexidas do Parque Nacional das Illas
Atlánticas de Galicia, en concreto entre a 3,5 millas do mar das Ons e 2 do de Sálvora, semella evidente que lles poden perxudicar, non so á súa riqueza biolóxica, senon tamén no caso do Parque Nacional, na súa carreira hacia a declaración de Patrimonio da Humanidade na que a Xunta está a invertir esforzos e recursos públicos. A xunta debe conciliar políticas, evitando o despilfarro de cartos públicos, xa que é pouco intelixente puxar hacia a súa máxima protección ambiental e, ao mesmo tempo, actuar na súa propia contra.

 

(1)
-Canadian sediment quality guidelines for the protection of aquatic life (Canadian Council of Ministers of the Environment (CCME))
– Sediment quality guideline action levels for assessing the disposal of dredged material at sea in the UK (Centre for Environment, Fisheries and Aquaculture Science (CEFAS).

Para consultar en detalle as táboas de toxicidade de referencia, preme aquÍ: taboas de toxicidade.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: