Publicado por: garza18 | 05/06/2019

O CES convida a celebrar o día do Medio Ambiente participando no chequeo do Umia.

Grupo de voluntarios facendo unha inspección no Umia.

Con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente hoxe mércores 5 de xuño, o Colectivo Ecoloxista do Salnés convida a celebralo participando como voluntari@s na inspección de primavera do río Umia. Este río que pasa por varios dos nosos concellos, que dota de vida ao Complexo Intermareal Uma-O Grove e aos bancos marisqueiros, e que abastece de auga a toda a nosa comarca, entre outras funcións, merece unha atención especial debido á presión e impactos aos que leva décadas  sometido.

Por iso convidamos a todas aquelas persoas preocupadas por este río e polo estado do medio ambiente en xeral, a participar o domingo 9 de xuño ás 11 da mañá na Ponte dos Padriños (en Pontearnelas – Ribadumia), na inspección de primavera, do Proxecto Ríos.

Proxecto Ríos é un programa de voluntariado ambiental no que o CES está colaborando dende fai 12 anos nun tramo do Umia. Consiste na creación de distintos grupos que apadriñan un tramo dun determinado río para levar a cabo o seu estudo e vixiancia ambiental periódica, dúas veces ao ano.

Utilízase unha metodoloxía común (identificación de invertebrados bioindicadores, medición de parámetros físico-químicos, das condicións dos hábitats e biodiversidade,  chequeo de posibles impactos, vertidos…). Dentro do Proxecto Ríos o CES participa tamén tódolos anos nunha recollida de lixo simultánea nos ríos galegos.

Algúns dos bioindicadores do estado de saúde do río.

A pesar de que todas estas actividades son de balde e abertas a socios e non socios, nos últimos anos notamos un descenso na participación por parte da xente voluntaria. 

Esta falta de participación na defensa do noso entorno máis inmediato é algo que se ven observando de forma  xeralizada nos últimos anos, onde parece que moita xente preocupada polos temas ambientais se limita a “participar” na súa defensa a través das campañas nas redes sociais. Sen menospreciar a importancia de dita forma de participación, cremos que tamén é necesaria unha implicación directa no coidado do noso entorno máis cercano.

Por iso esperamos que esta data sirva como reflexión e motivación para todas aquelas persoas que estean preocupadas polo deterioro ambiental dos ríos en particular e do planeta en xeral, e queiran facer algo máis que participar a través das redes sociais.

Quen o desexe pode levar botas de auga; o resto do material preciso será subministrado polo CES.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: