Publicado por: garza18 | 24/05/2019

O CES remata hoxe a campaña anual sobre as dunas cunha eliminación de especies invasoras

 

Saída no mes de marzo con alumnado de 1º ESO

Por terceiro ano consecutivo, o CES levou a cabo dende o mes de marzo unha campaña educativa co alumnado do IES de Sanxenxo sobre a importancia destes escasos e fráxiles ecosistemas. O proxecto “Coidemos as nosas dunas”, comezou no mes de marzo, cando levamos a cabo charlas e saídas cos alumnos de 1º de ESO polas dunas de Baltar, onde observamos algunhas das especies máis representativas deste tipo de ecosistemas. Tamén observamos in situ outros compoñentes e interaccións deste ecosistema, falamos das cadeas tróficas, das diferenzas entre dunas brancas e grises, así como dos principais impactos que está a sufrir este ecosistema e posibles solucións.

Máis tarde, durante os meses de abril e maio, o alumnado de 4º participou nas mesmas actividades, pero a maiores tamén tiveron unha charla sobre as especies invasoras e hoxe rematarán cunha sesión práctica de eliminación das mesmas.

Escollemos os cursos de 1º e 4º porque en ambos currículos se tratan contidos de ecoloxía que deste xeito poden aplicar e aprender de forma máis práctica e significativa. Ademáis de aprender a coñecer e valorar máis este ecosistema tan cercano e a menudo ignorado.

Coma sempre, o noso agradecemento ao IES de Sanxenxo pola colaboración e interese neste proxecto.

A actividade de eliminación de plantas invasoras estase a levar a cabo durante a mañán de hoxe, venres 24 de maio, e as principais especies a eliminar son Carpobrotus sp. (uña de gato), Arctotheca calendula (margarida africana), e Arundo donax (cana). A actividade conta coas pertinentes autorizacións de Costas e Medio Ambiente, e conta coa colaboración do concello, que se encargará de xestionar os especímenes arrincados.

Queremos recordar que se trata dunha eliminación educativa e simbólica, e que deberían ser as administracións (consellería de medio ambiente, concello…) as que leven a cabo estas actividades de forma periódica para controlar a expansión destas especies, principalmente nos espazos naturais sensibles e escasos como as dunas.

sdr

Eliminación de especímenes de Carpobrotus sp, (uña de gato), por parte do alumnado de 4º ESO

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: