Publicado por: garza18 | 20/05/2019

O CES convoca a súa Asemblea Xeral Ordinaria

O CES convoca a súa Asemblea Xeral Ordinaria o próximo domingo 2 de xuño en Cambados (Rúa Hospital, 42)    
Terá lugar ás 10:30h en 1ª convocatoria e 11:00h en 2ª convocatoria.
A mediodía iremos comer ao Restaurante Os Piñeiros. A asistencia tanto á comida como á asemblea é aberta para socios e non socios pero no caso da comida, para poder reservar, é necesario que nos avisedes por teléfono (680 580 086) ou correo electrónico (cesalnes@yahoo.es). Podedes anotarvos ata o venres 31 de maio as 14.00. O prezo do menú é de 20 euros. Anímate a vir!

Estes serán os PUNTOS DA ORDE DO DÍA:
DE QUE FALABAMOS TAL DÍA COMO HOXE O ANO PASADO?
Lectura da acta da asemblea ordinaria de 2018.
QUE FIXEMOS AO LONGO DO 2018?
Memoria anual de actividades 2018.
CANTOS SOMOS?
Balance de socios 2018.
COMO ESTAMOS DE CARTOS?
Memoria anual económica 2018.
DAREMOS O RELEVO?
Necesitamos novas caras na directiva do CES… poderías ser ti @ nov@ vogal, presidente/a secretari@… Comunícanos a túa intención de presentarte por teléfono ou correo electrónico. A túa colaboración dentro ou fóra da directiva é fundamental para o mantemento da actividade do CES e a consecución dos seus obxectivos de conservación e mellora do patrimonio natural do Salnés.
QUE CAMIÑOS SEGUIREMOS?
Qué queremos que faga o CES? Cómo queres coidar o noso entorno dende o CES? Qué melloras podemos levar a cabo?
ROGOS E PREGUNTAS

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: