Publicado por: garza18 | 29/04/2019

O CES pide información sobre o futuro das lagoas de Arnosa

No último mes véñense levando a cabo actuacións na zona de Arnosa por parte da empresa Cerámica Campo como foron o recheo dunha das lagoas xeradas no seu día polo plan de extracción de arxilas da empresa. Tamén na lagoa grande colindante coa mesma se verteu arxila polas súas beiras; ademáis a empresa ancheou unha pista de acceso ilegal sobre a marisma, afectando a unha zona de posta de sapo corriqueiro. Cónstanos que esta última actuación foi denunciada ante o Seprona e os gardas do espazo protexido Ons O Grove por un particular.

1: Lagoa na que se aterraron as beiras. 2: Lagoa que se está a reencher. 3: Pista que se ancheou.

 

Ante esta situación, o CES solicitou información á consellería de Medio Ambiente para que aclare cales desas actuacións estaban autorizadas e cales non, así como que aclare que intencións ten a empresa con respecto a tódalas lagoas xeneradas hai anos ou décadas pola extracción de arxila, e que están dentro do espazo protexido Complexo Intermareal Umia- O Grove.

A lexislación de minas obriga a “restaurar” os ocos xenerados pola extracción de materiais, consisitindo dita rexeneración en tapar os ocos e logo revexetar. Pero este tipo de actuación tan xenérica non ten sentido dentro dun espazo protexido onde os ocos abandonados hai tanto tempo xa están naturalizados por especies e hábitats acuáticos, xenerando biodiversidade no Complexo Intermareal Umia O Grove. Esto sucede nas lagoas de Arnosa, Roixique, Cachadas e Fianteira, que albergan importantes valores naturais logo de décadas de renaturalización, polo que non ten sentido, dende o punto de vista ambiental, e dentro da Rede Natura, acometer unha “rexeneración mineira” baseada en reencher ditas lagoas e destruir os hábitats e especies existentes nelas.

Cabe recordar, con respecto á lagoa da Fianteira, que xa no ano 2010 o CES emitiu unha denuncia ante a fiscalía de Pontevedra porque a empresa tiña intención de reenchela baseándose neste requisito da Lei de minas. Como consecuencia, a fiscalía emitiu unha resolución onde se instaba á empresa a someter o proxecto mineiro a avaliación de impacto ambiental para adaptarse á normativa vixente en materia de avaliación de impacto ambiental, ao estar os terreos dentro dun espazo natural protexido, posto que tanto a avaliación de efectos ambientais como o plan de restauración, redactados en 1992, non cumprían tales requisitos. Motivo polo que a  consellería resolveu, no seu día, non outorgar autorización ao plan de labores 2011 na zona de Fianteira II , conseguindo deste xeito salvar a dita lagoa da destrución.

Por todo isto, o CES solicitou á consellería de medio ambiente:

-Que se nos entregue copia da avaliación dos efectos ambientais e do plan de restauración mineira da empresa, así como a devandita avaliación de impacto ambiental adaptada á normativa vixente, en caso de existir.

-Que se nos entregue copia do Plan de Labores 2019 coa fin de coñecer cales son as actuacións autorizadas por parte desta consellería e con que fins.

-Que se nos explique cales son as actuacións previstas no futuro pola empresa en tódalas lagoas xeradas pola súa actividade incluídas dentro do espazo protexido  e cal é a postura desta Consellería de Medio Ambiente ao respecto.

-Que se nos informe de que medidas tomou esta consellería con respecto ao vertido de materiais e ancheamento da mencionada pista ilegal sobre a marisma.

Recordámoslle á consellería que a Ley 27/2006, de 18 de julio, por la que se regulan los derechos de acceso a la información, de participación pública y de acceso a la justicia en materia de medio ambiente, lexitima ao noso colectivo como persoas interesadas (Artigo 2), especifica que a información que  solicitamos é de tipo ambiental (Artigo 2, punto 3 ap. c)), e danos dereito a acceder a dita información no tempo e forma especificados no Artigo 3.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: