Publicado por: garza18 | 29/04/2019

O CES apoia a petición de desmantelamento do encoro do Umia ante o Parlamento Europeo.

O CES acaba de adherirse á petición que a Plataforma Anti Encoro do Umia tiña formulado perante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo en xaneiro. En dita petición, solicítase ás autoridades competentes que adopten con carácter urxente as medidas necesarias para a recuperación do río Umia, mediante o desmantelamento da explotación hidroeléctrica do encoro de A Baxe. Denúnciase nela que a construción do encoro supuxo un grave deterioro medioambiental para o cauce do río, con consecuencias perxudiciais para a saúde de personas e animais.

Imaxe das células da cianobacteria causante da toxina

Queremos recordar que o encoro foi construido coa excusa de que era necesario para abastecer de auga ao Salnés,  en medio dunha forte oposición veciñal, e cunha tramitación e avaliación de impacto ambiental máis que irregulares, denunciadas no seu día. A día de hoxe, o encoro demostrou ser unha fonte de problemas, non só pola destrución dos ecosistemas acuático e do bosque de ribeira, senon por poñer en risco a saúde de miles de persoas das poboacións ás que abastece, debido á presenza da toxina microcistina, consecuencia directa da eutrofización causada polo estancamento das augas encoradas. A única beneficiada deste encoro segue a ser a empresa eléctrica que goza da concesión. Por este motivo as autoridades deberían priorizar o interese común (a saúde de miles de persoas e a conservación e recuperación do medio natural, patrimonio de todos), frente aos intereses particulares dunha empresa.

Segundo nos comunican dende a Plataforma Antiencoro do Umia, sería de grande axuda para axilizar a súa tramitación contar co maior número de apoios posibles. A petición segue aberta a adhesións, ás que se pode sumar calquera colectivo ou persoa particular de xeito sinxelo no seguinte enlace:

https://petiport.secure.europarl.europa.eu/petitions/es/petition/content/1123%252F2018/html/Petici%25C3%25B3n-n.%25C2%25BA%25C2%25A01123%252F2018%252C-presentada-por-P.F.N.%252C-de-nacionalidad-espa%25C3%25B1ola%252C-en-nombre-de-la-Coordinadora-Antiencoro-do-Umia%252C-sobre-el-desmantelamiento-del-embalse-de-A-Baxe-en-el-r%25C3%25ADo-Umia-%2528Galicia%2529

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: