O Domingo 30 de setembro convidámoste a reivindicar a limpeza dos nosos ríos e a gozar do Umia.
A proposta é pola mañá; ás 11h quedamos en Ponte Arnelas, na Ponte dos Padriños para participar na
XI LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS GALEGOS DO PROXECTO RÍOS
O Proxecto Ríos, coordinado por Adega, ven organizando un día de Limpeza Simultánea en toda Galiza dende os últimos dez anos. Trátase dun día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza, valor e beleza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de Kg de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios que teñen participado en todos estes anos.
O CES coordinará a limpeza nun tramo do río Umia o domingo 30. Nós levaremos o material preciso. Trae roupa e calzado axeitado.
Deixar unha resposta