Ven chequear a saúde do Umia a través do recoñecemento da bichería que o habita e outros parámetros.
O domingo 27 de maio ás 10:30 quedaremos na Ponte dos Padriños en Pontearnelas – Ribadumia (na estrada vella de Cambados a Pontevedra) para participar na inspección de primavera do río Umia, encadrado no Proxecto Ríos.
Proxecto Ríos é un programa de voluntariado ambiental, no que o CES está colaborando dende fai 11 anos nun tramo do Umia. Consiste na creación de distintos grupos que apadriñan un tramo dun determinado río para levar a cabo o seu estudo e vixiancia ambiental baixo unha metodoloxía común (observación de fauna bioindicadora e certos parámetros físico-químicos).
Lembra levar botas de auga; o resto do material preciso será subministrado polo CES. CONTAMOS CONTIGO!
Deixar unha resposta