Durante a nosa asamblea anual en Cambados o pasado 6 de maio, repasamos as actividades desenvolvidas durante o 2017.
MEMORIA DE ACTIVIDADES CES 2017
CUSTODIA DO TERRITORIO:
Proxecto Ríos. Dúas inspeccións ao Río Umia e unha limpeza.
EDUCACIÓN E DIVULGACIÓN AMBIENTAL:
Actividade de observación de aves acuáticas (5 de febreiro). Actividade monitorizada por Encarna e Gustavo, socios do CES e da SEO. Preparárase un pequeno folleto de aves para facilitar a súa identificación.
Ruta polo río Fabaíños. 6 de maio. Emilio M. Sabarís diseñou e mostrounos unha ruta polo val do Fabaíños (Sanxenxo), empregando camiños rurais, como alternativa á ruta fluvial que quere realizar o Concello pola beira mesma do cauce.
Actividade de Educación ambiental co IES Sanxenxo en Baltar. Raquel, co apoio de Manolo, María e Camilo, socios do CES, levaron a cabo un proxecto educativo cos alumnos do IES Sanxenxo. Consistiu en charla, saída pola duna e retirada de especies invasoras.
DENUNCIAS e ALEGACIÓNS
Obras na estrada PO-550 á altura de Noalla-A Lanzada no entorno do con do corvo.
Escritos ás administracións competentes solicitando que se rexenerara a duna do entorno do con e que non autorizaran o uso destes terreos con fins urbanísticos-lúdicos.
Modificación puntual nº6 do PXOM de Sanxenxo.
Saíu a exposición pública unha modificación do PXOM que afectaba á Rede Natura. Rafa revisouno. Son correccións dos solapamentos de Solos de núcleo rural/urbanos con Solo rústico de protección de espazos naturais, e que ese solapamento estaba mal. Agora o corrixen calificando como solo de núcleo rural/urbano pero con Afectación de Espazos Naturais Protexidos, que quere dicir que calquera actuación urbanística ten que ter a autorización de MA. Ademais fan unha corrección de límite de Rede Natura na Revolta.
Non ás bicicletas en Punta Carreirón. O CES envía un escrito ao Concello da Illa e a DXCPN para que prohiban a circulación de bicicletas por Punta Carreirón pola erosión que provocan e afectación a Linaria arenaria e outras plantas de duna. Apoiámonos na Lei de Montes que prohibe o uso de vehículos rodados polas pistas forestais sen autorización da comunidade de montes.
A Revolta. A comunidade de montes fixo unha tala na Revolta meténdose na zona da xunqueira, con idea de facer un parque infantil. Canalizaron o regato. Unha persoa chamou ao teléfono do colectivo denunciando o tema, e Marta chamou a Conservación da Natureza. Contestaron que había informada outra obra preto. Marta reenvioulles a información que nos achegaran a nós. Esa obra finalmente non estaba autorizada e paralizárona.
Regato do Souto e Paris Dakart
Alegacións ás obras de restauración do lavadoiro (onde crían libélulas etc.) e continuación da senda, ata moi preto de Fabaíños.
Ademais alegamos e reuníonos cos técnicos de Augas de Galicia para facer cambios no proxecto onde a empresa Paris-Dakar pide unha nova captación e aumento de caudal (1,5 l/s) nun regato que en época seca apenas ten auga. Solicitamos que concedan menos caudal e que rexeneraran o antigo caudal (deixando auga para o río).
Borrador do anteproxecto de Lei do patrimonio natural de Galicia. Elaboramos e presentamos un escrito con alegacións a este borrador. Non recibimos resposta.
Mina de Touro. Enviamos escrito para que a Consellería de Economía, Emprego e Industria se pronunciase taxativamente en contra de dar autorización administrativa a este mega-proxecto mineiro polas súas repercusións ambientais e produtivas para a ría de Arousa.
Prohibición de fogueiras de San Xoan en Montalvo. Enviamos un escrito solicitando que o concello non concedese autorizacións para facer fogueiras nesa praia. Como se fixeron e ademais é un dos sitios máis empregados no Concello para tal fin, sacámoslle fotografía dos danos á duna e do lixo e enviamos nota de prensa.
PROPOSTAS
Reunión co novo goberno de Sanxenxo sobre Baltar. Reunión do CES co alcalde, concellal de Medio ambiente e técnica de MA no que se lle aportou un informe de mellora ambiental das dunas e boas prácticas para desbroces e outras labores de mantemento.
Contra probas deportivas nas dunas de Baltar
Fixemos un modelo de carta con argumentos en contra de que se fagan probas deportivas con escolares para proporcionarllo aos centros educativos de toda a comarca, que participaron no cross comarcal sobre Baltar ou que puideron facelo e que eles asinen e envíen ao Concello se están dacordo.
EN REDE CON:
-CEMMA
–FEG
–GDR Salnés.
E apoiamos os seguintes manifestos:
-Accións Contra a mina de Touro a través de PDRA.
– Manifestación Non ENCE e lectura do manifesto de protección da ría de Pontevedra no que se pedía a non cesión a ENCE do pazo de Lourizan.
Asistimos á reunión sobre o Plan estratéxico do Turismo do Grove.
Deixar unha resposta