Publicado por: garza18 | 28/04/2018

O CES pide maior vixiancia e protección efectiva para as dunas de Montalvo.

 

Durante a semana santa nas dunas fixas de Montalvo (zona de DPMT), efectuáronse desbroces con maquinaria pesada que arrasaron con parte da vexetación de duna gris ou fixa. Esta vexetación é un tipo de hábitat prioritario protexido pola UE, debido á súa escaseza no conxunto do territorio galego.

IMG_7917 (Copy)

Algunhas das especies de vexetación de duna gris afectadas foron Artemisia chritmifolia, Pancratium maritimum, Crucianella maritima, e varios tipos de musgos cobertores.

 

Algunhas destas zonas xa foran afectadas no 2015 por recheos e desbroces previamente á instalación dun aparcadoiro ilegal instalado polos comuneros de montes de Arra que carecía de permisos municipais e de autorización de Costas, motivo polo que foi denunciado ao Seprona. Naquela ocasión xa fora arrasada a maior poboación de orquídeas da comarca da especie Ophris apifera, e tamén a única poboación de Sanxenxo da especie Iris foetidissima. Ambas poboacións foron de novo afectadas, impedindo a súa posible rexeneración.

A praia de Montalvo, ademáis, considérase área de presenza da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), ave protexida pola Xunta de Galicia e cuio plan de recuperación afecta tamén a estas dunas, xa que nos últimos anos houbo intentos de aniñada de dita especie.

Na zona afectada tamén se desbrozou a especie invasora Carpobrotus sp. (uña de gato ou de león), cuia eliminación, transporte e posterior xestión sen autorización previa está prohibida por lei, xa que a súa eliminación sen control facilita a súa propagación descontrolada.

 

IMG_20180415_173350

No concello aseguran non ser os autores de ditos desbroces, polo que o CES acaba de enviar un escrito ao Servizo de Costas para que investigue a autoría dos feitos, e indique se existía algún tipo de autorización para os desbroces ou para o tránsito de vehículos, actividade prohibida en zona de DPMT salvo autorización expresa. Ademáis preguntamos por escrito á Consellería de Medio Ambiente se existía algún tipo de autorización para eliminar especies invasoras.

Tamén enviamos un escrito ao propio concello, instando a que materialice o seu compromiso anunciado recentemente en prensa de vixiar e protexer as especies en perigo ou escasas no concello, dentro das que se atopan a píllara das dunas, as especies do hábitat de duna gris e as especies de orquídeas e lirios silvestres antes mecionadas. Por se esto fose pouco, no caso de Montalvo, o propio concello colocou no seu día carteis informando do gran valor ecolóxico deste areal, capaz de albergar niños da píllara das dunas. Polo tanto deberían ser consecuentes e exercer unha protección real, investigando a autoría dos feitos e tomando as medidas pertinentes, ademáis de aumentar a vixiancia sobre este espazo.

IMG_7912 (Copy)

Zona onde en 2015 foi denunciado o aparcadoiro ilegal, e onde de novo se aprecia que transitaron vehículos, actividade prohibida por estar en zona de DPMT

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: