Convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria do Colectivo Ecoloxista do Salnés para o próximo domingo 6 de maio en Cambados (Rúa Hospital, 42)
Terá lugar ás 10:00h en 1ª convocatoria e 10:30h en 2ª convocatoria.
Ao rematar proxectaremos o vídeo “Veciñas do aire. Aves silvestres na cidade de Pontevedra” de Federico de la Peña e editado polo Concello de Pontevedra. Ao longo dos 30 minutos que dura a proxeción poderemos descubrir as aves que conviven con nós nas nosas vilas.
Estos serán os PUNTOS DA ORDE DO DÍA:
DE QUE FALABAMOS TAL DÍA COMO HOXE O ANO PASADO?
Lectura da acta da asemblea ordinaria de 2017. QUE FIXEMOS AO LONGO DO 2017?
Memoria anual de actividades 2017.
CANTOS SOMOS?
Balance de socios 2017.
COMO ESTAMOS DE CARTOS?
Memoria anual económica 2017.
DAREMOS O RELEVO?
Anímate a formar parte da directiva do CES. comunícanolo por teléfono (680 580 086) ou por correo electrónico (cesalnes@yahoo.es). A túa colaboración dentro ou fora da directiva é fundamental para o mantemento da actividade do CES e a consecución dos seus obxectivos de conservación e mellora do patrimonio natural do Salnés.
QUE CAMIÑOS SEGUIREMOS?
Qué queremos que faga o CES? Cómo queres coidar o noso entorno dende o CES?
ROGOS E PREGUNTAS
As asembleas son actividades abertas e podes asistir sen previo aviso.
Deixar unha resposta