Publicado por: garza18 | 24/03/2018

Retomamos o proxecto educativo “Coidemos as nosas dunas”

Esta semana retomamos o proxecto educativo “Coidemos as nosas dunas”, c@s alumn@s de 1º de ESO do IES de Sanxenxo. Nesta ocasión as actividades estiveron enmarcadas dentro da Semana Cultural do IES de Sanxenxo, que este ano trataba sobre “Baltar e a súa contorna”.

O martes 19 @s alumn@s participaron nunha charla-presentación onde aprenderon que son as dunas costeiras, cales son os seus tipos, como son estes escasos ecosistemas e os seus compoñentes. Tamén coñeceron as razóns para a súa conservación, por que e como están protexidos, así como as principais ameazas que sufren. Ademáis viron como era o ecosistema dunar de Baltar décadas atrás e como foi a súa evolución, cales son os principais impactos que está a sufrir e como se pode mellorar esta situación.

O martes 20 fixemos unha saída polo ecosistema dunar de Baltar, onde aplicaron sobre o terro algúns dos coñecementos adquiridos o día anterior, como as diferenzas entre dunas móbiles e fixas, incluidas as distintas especies vexetais propias dunhas e doutras, así como as súas singulares adaptacións que fan que só poidan sobrevivir neste medio, motivo polo que as dunas se convirten en illas de biodiversidade. Ademáis viron as relacións entre estas e os outros compoñentes do ecosistema, a través das cadeas tróficas. Tamén coñeceron de onde provén a area e como se forman as dunas, a relación entre a praia e a duna como un ecosistema continuo e como as accións que se levan a cabo na primeira, afectan á segunda, como por exemplo a eliminación das algas ou o perigo que supoñen os microplásticos que eles mesm@s atoparon na area. Aprenderon ademáis a identificar especies invasoras e o seu perigo, así como zonas ben conservadas e zonas degradadas, e como estas últimas se poden rexenerar continuando co labor emprendido anos atrás polo Servizo de Costas.

Agradecemos a colaboración de Emilio Martínez Sabarís, que nos acompañou como guía nesta segunda actividade.

Tódolos contidos tratados tanto na charla como na saída están incluídos dentro dos currículos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO, polo que son unha oportunidade única de aprender de forma significativa a través do entorno máis próximo. Ademáis, estamos seguros de que a través do coñecemento aprenderán a valorar moito máis este tipo de ecosistema, tan próximo a eles, que moitas veces está a sufrir agresións polo descoñecemento que os habitantes do lugar teñen del.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: